25N
O día 23 no salón de actos do Centro Cívico ás 11:30 horas terá lugar unha obra de teatro. Trátase da representación de As fillas de Momán.
E o 24, venres, a Casa do Concello será iluminada para a ocasión e procederase a colocar un gran lazo pola eliminación da violencia contra a muller.
Os actos están organizados pola Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove.
Os actos comezarán mañá, sábado 18 de novembro, co obradoiro ‘Cultura Urbana on Tour’, organizado pola asociación de familias monoparentais 'Fagamos'.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de seguir combatindo a lacra que supón a violencia machista, co obxectivo de conseguir erradicala por fin da nosa sociedade”.
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala “a importancia de sensibilizar e visibilizar o que supón a violencia machista para as vítimas e as familias”. “Estamos pendentes de confirmar máis actividades nos vindeiros días”, explica a concelleira.
A xornada de mañá terá lugar no no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 17:00 a 19:00 horas. O espazo está aberto a todas as familias, con prioridade de acceso...
leer másA Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
O venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero.A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.
Durante a mañá do venres haberá,na Praza do Concello, un posto informativo onde se fará reparto de material (folletos, chapas, pulseiras, bolsas, etc) e se dará todo tipo de información, como vía de sensibilización, para poñer fin á violencia de xénero a través da concienciación da poboación en xeral e de dar a coñecer os recursos ás vítimas en...
leer másCon motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, o Concello de Trabada programa a proxección da película "Custodia compartida" o día 25 de novembro, sábado, ás 18 horas na Casa da Cultura.
Este filme é “unha mostra da dor que sofren moitas mulleres e moitas familias, pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida, por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra porque como ocorre con todo aquilo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano”.