O Concello de Burela organiza actividades os días 24 e 25 de novembro, domingo e luns, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
O domingo 24 ás 11:00 horas comezará a III Andaina contra a violencia de xénero, que será unha ruta circular de sete quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello.
E o luns 25 de novembro ás 12:00 horas na Praza do Concello haberá a lectura do manifesto institucional, frases contra a violencia e unha mesa informativa do CIM. E ás 12:30 horas representarase a obra de teatro titulada "O soño de Adelina" na Casa da Cultura.