Vilaronte, en Foz, inaugura o seu alumeado de Nadal cunha festa o 8 de decembro

A parroquia focega de Vilaronte inaugurará o seu alumeado de Nadal cunha festa que se celebrará o día 8 de decembro, domingo, desde as 19:30 horas, no atrio da igrexa.

O evento está organizado pola asociación O Atrio, de Vilaronte, que anuncia: “para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación musical do grupo Mar Aberto, de Foz; caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Será unha noite chea de alegría, música e boa compañía”.