Seminarios

01/04/2019

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) está a preparar un seminario permanente, para xuño, sobre o empresario Eduardo Barreiros, no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento. Ademais Apaga organizará outro seminario, a finais de ano, sobre José Barro, coñecido empresario que impulsou o complexo de Chavín, en Viveiro. Apaga ten programadas tamén varias fins de semana tecnolóxicas de abril a xuño. A primeira delas será este sábado, día 6, en Ribadeo e versará sobre o diagnóstico de avarías en vehículos.

Álvaro Doural, presidente de Apaga, explicou que “continuando co programa formativo que estamos a desenvolver desde o inicio de ano, vai haber un curso de diagnóstico de avarías de vehículos, un curso eminentemente práctico, impartido por Urbano Oliveros, que é un técnico de Coruña. O número de prazas máximo é de...

leer más