Festa do Antroido
Viveiro terá unha Festa do Antroido o 3 de marzo, organizada pola comisión dos festexos de San Roque
Viveiro terá unha Festa do Antroido o día 3 de marzo, luns, organizada pola comisión dos festexos de San Roque para recadar fondos.
“Desde a Comisión Viveiro en Festas convidámosvos á gran Festa do Antroido 2025. O luns 3 de marzo viviremos unha noite chea de diversión, música e moita troula na Carpa dos Xardíns Noriega Varela para celebrar o Antroido como nunca antes!”, anuncia a organización, que tamén explica: “haberá Cea de Antroido a partir das 22 horas e ao remate, concurso de disfraces e baile aberto a todo o público para que a festa non pare durante toda a noite”.
As entradas poden reservarse a través do teléfono 614.191.962 e están a venda en: Casa Eladio, Bar A Curva, Temple Bar, Cafetería Doce 12, Bar A Zapatería, Restaurante A Chabola, Café Bar Rolindes.