Eventos

Etiquetas:
15/11/2021

Aberto o prazo de inscrición para realizar unha nova visita guiada do Concello de Alfoz. As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.

Desde o Concello explican “o sábado, 20 de novembro, ás 16:00 horas partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa. Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos”. 

E sinalan “no caso de Sta. María, construída na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerado un dos mellores exemplos do barroco galego. A Capela do Santiago destaca polas...

leer más
Etiquetas:
11/11/2021

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense segue a traballar na promoción do Turismo Slow Norte de Galicia baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia para o xeodestino. E faino coa visita á comarca dun coñecido blogger e cunha xornada de traballo en aloxamentos de Alfoz, Foz e Mondoñedo, entre outras accións. 

Segundo explica a Axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Tania Hermida, “dentro das accións para este ano do Turismo Slow Norte de Galicia, estamos promocionando o proxecto coa visita dun coñecido blogger ao destino, Alvientooo, que estivo esta fin de semana coñecendo algún dos aloxamentos, recursos e actividades do produto turístico, ademais de facer a Ruta de Santo Estevo do Ermo, paraxe natural de Barreiros, guiada por Sofía López e organizada dentro do programa de rutas de...

leer más
11/11/2021

Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.

Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado, tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida, tarefas que supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda de O Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada de Vegadeo, preto da Casa das Algas”.

... leer más
Etiquetas:
10/11/2021

Esta fin de semana rematan as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña. Están destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, axencias de viaxes e centros educativos de Galicia así coma ao público xeral. 

O 12 de novembro as xornadas recalarán en Burela coas redeiras Cabo Burela, colectivo que mantén vivo este tradicional oficio, e a visita ao Barco Museo Reina del Carmen, antigo boniteiro que o Concello recuperou para convertelo nun espazo de recuperación da cultura mariñeira e de atracción turística no porto máis importante de España na pesca e comercialización do bonito. O día 13 a iniciativa chegará a Cervo coa visita ao estaleiro de carpintería de ribeira de Francisco Fra, con mais de 200 anos de historia, e ao Museo Provincial do Mar. As...

leer más
Etiquetas:
09/11/2021

A sétima andaina de outono de A Mariña en Ruta continuará este sábado, 13 de novembro, polo Camiño Norte entre Lourenzá e Mondoñedo.

Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá polo treito que une Vilanova de Lourenzá, co seu imponente Mosteiro de San Salvador, ata a antiga cidade episcopal de Mondoñedo, un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia. Son 9 quilómetros nos que os asistentes percorrerán diversos paisaxes do interior da Mariña e achegaranse ata os pequenos núcleos de poboación que axudaron a configurar esta antiga ruta medieval. A andaina estará guiada por Claudia del Pino. 

As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es...

leer más
Etiquetas:
09/11/2021

En Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.

Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.

Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.

 

09/11/2021

O Club Clásicos de O Vicedo organiza, en colaboración co Concello, o 20 de novembro a súa primeira concentración de coches clásicos.

Dará comezo ás 10.00 horas no muelle do Vicedo coa recepción dos vehículos, para poder desfrutar dos mesmos. Xa a media mañá comezará a ruta e ás 14.00 horas será o xantar. 

Para participar no xantar é preciso reservar chamando aos teléfonos 626 836 946 ou 679 763 191. O prezo é de 25 euros. As prazas son limitadas. 

Etiquetas:
05/11/2021

Hoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditarse como peregrinos para facer o Camiño do Mar. 

Na presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, José María Linares; o presidente de ACIA Foz-CCA, José Carlos Paleo; e o presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente.

Fran Cajoto comentou que “o Camiño do Mar xa está recoñecido pola Igrexa e danos esa Compostela ao chegar a Santiago e é en Foz precisamente onde podemos facer esa acreditación, a primeira que hai en todo o Camiño do Mar. Parécenos un impulso moi importante para todo o sector da hostalería e do comercio, para todo o sector turístico, que se recoñeza unha vía de peregrinación a través do...

leer más
05/11/2021

O Concello de Barreiros, nunha clara aposta polo desenvolvemento dunha programación cultural integradora, transversal e interxeracional, ven de presentar as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro.

Co nome xenérico de “Barreiros feminino plural”, as áreas de igualdade e dinamización tentarán achegar diversas actividades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas, co obxectivo de visibilizar e desbotar da nosa sociedade todo tipo de violencias, nomeadamente a violencia machista.A concelleira de igualdade, Montse Porteiro reflectiu a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.

A...

leer más
Etiquetas:
04/11/2021

Esta fin de semana pódese desfrutar en Ribadeo dun concerto de tangos e un espectáculo de circo. 

Este sábado, 6 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, actuará Malajunta Tango Dúo.

O domingo, día 7, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Galitoon presentará un espectáculo para toda a familia, The Show Moscón, que é un circo ambulante de varietés presentado por un moscón gordo e repoludo. Trátase dun marabilloso circo representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que se encontran no seu interior, entre os que aparecen verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas, números de danza e un sen fin de humor.