Entroido
Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro e a elección da raíña ou rei do Entroido. A Sala Bahía sigue sendo un centro cultural que aglutina todo tipo de eventos.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que este venres, día 8, “chegará a compañía Contraproduccións coa obra Apaga o candil, unha comedia de tradición galega, humor e retranca. Avelino González e Toni Salgado protagonizan esta produción. Será ás 20:30 horas. E o sábado 9 o protagonismo será para o Entroido e a elección do seu reinado para a edición de 2025. Os tres candidatos explicarán porque queren ocupar este posto; son Coral Rey Oliveros, Ainhoa Rey Vizoso e Derek Pérez González. A partir das 19:30 horas abriranse as portas para todo aquel que queira participar desta elección e á vez colaborar cos afectados da DANA en...
leer másO Concello de Foz publicou as bases para a elección da raíña ou rei do Entroido 2025.
Estas bases marcan dúas fases do concurso: unha inicial de presentación de candidaturas, onde se valorará o currículo entroideiro dos aspirantes; e unha segunda, que se programa para o día 9 de novembro ás 20 horas na Sala Bahía, onde os aspirantes poderán explicar a público e xurado porqué queren ser rei ou raíña do Entroido focense.
“Con estas bases quérese primar o arraigo ao Entroido, valorando a participación no desfile e nos distintos eventos do Entroido, así como algo tan cultural e histórico para Foz como é a realización do plan o luns do Entroido. Queremos que non se esquezan as tradicións de Foz”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O prazo para presentación de candidaturas son 10 días naturais...
leer másMondoñedo celebra un Entroido de Verán o día 24 de agosto, sábado, a partir das 18:00 horas.
Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.
O desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebra tradicionalmente o Domingo de Piñata, trasládase ao día 17 de marzo a partir das 16:30 horas. Foi aprazado o 18 de febreiro polas eleccións autonómicas e o 25 do mesmo mes debido ás adversas condicións meteorolóxicas.
A inscrición deberá facerse unicamente a través do correo electrónico entroidolourenza@gmail.com ata o venres 15 de marzo de 2024 ás 21:00 horas. A organización confirmará a inscrición, sendo preciso que faciliten un teléfono de contacto.
Os participantes que xa estaban apuntados para o desfile previsto para o 25 de febreiro non teñen que volver enviar a folla de inscrición, pero si deben confirmar a participación nesta nova data.
A recollida de dorsais para participar no...
leer másO Concello a través das súas redes sociais comunicou onte á noite á suspensión do desfile do Domingo de Piñata, debido ao mal tempo previsto para este domingo, día 25: “debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a xornada de hoxe, dende o Concello e a Acial vémonos na obriga de aprazar o desfile de Domingo de Piñata. Nos vindeiros días publicaremos a nova data”.
E engaden: “lamentamos ter que tomar esta decisión e pedimos desculpas polas molestias que se puideran ocasionar. Que o mal tempo non nos saque a ninguén a ilusión do Entroido. Vémonos en breve”.
O Desfile de Entroido de Lourenzá, que se celebrará o vindeiro domingo, 25 de febreiro, a partir das 16:30 horas, repartirá máis de 5.500 euros en premios. Na categoría infantil haberá premios para os mellores disfraces individuais, parellas e grupos. E na categoría de adultos: individual, parellas, grupos de 3 a 10 persoas, grupos de máis de 10 persoas e premio especial ao máis chistoso. Tamén haberá premios para as mellores carrozas, charangas e comparsas.
Inicialmente a entrega de premios está previsto que se desenvolva na praza do Conde Santo. Actuará o Dúo Belinda.
O Desfile do Domingo de Piñata está organizado polo Concello coa colaboración da Acial.
Este venres, 16 de febreiro, terá lugar en Barreiros o gran desfile de Entroido no que xa hai inscritos uns 400 participantes entre comparsas, grupos de adultos e infantís así coma parellas e disfraces individuais.
O desfile dará comezo ás 21:00 horas na Praza do Concello onde terá lugar a primeira exhibición para continuar por Rúa Vila; sentido Ribadeo, Estrada da Praia; Teleclub, e finalizando a carón do centro sociocultural onde os participantes farán a segunda e última exhibición.
Posterior ao desfile haberá festa amenizada por DJ EVENTEC a carón do centro sociocultural onde público e participantes poderán atopar postos de comida; Burguer Costa, Bocatería Anxo e Kebab Nena, así como colchoneta para a cativada. Ás doce da noite daranse a coñecer ás e os gañadores entre os que se repartiran 1.000 € en premios...
leer másDebido á mala previsión do tempo para hoxe e por mor das deficiencias do pavillón polideportivo municipal, a organización decidiu suspender o desfile de Entroido deste domingo, día 11.
O martes, 13 de febreiro, trasládase, xunto coa festa infantil, á Praza de Santa María. Alí todos os nenos contarán con inchables e xogos... e os participantes no desfile, individuais, parellas e grupos así como comparsas e charangas poderán disfrutar da festa d DVicio ata que remate e se entreguen os premios.
E xa o 16 de febreiro a partir das 20:00 horas terá lugar o Enterro da Sardiña e a lectura de coplas e versos na Praza de Santa de María.
A parroquia de Bravos, no municipio de Ourol, celebrará o Entroido na noite do luns 12 de febreiro con degustación de produtos típicos destas datas e baile.
As actividades empezarán ás 22:00 horas coa degustación de produtos de porco e doces típicos do Entroido. E haberá baile amenizado polo dúo Dilema e premios para os mellores disfraces en tres categorías: individual, parellas e grupos.
A festa celebrarase nunha carpa instalada ao lado do Centro Social de Bravos. Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, que conta coa colaboración do Concello de Ourol.
O desfile de Entroido en Trabada, que organiza a asociación cultural O Picato, celebrarase o sábado 24 de febreiro desde as 18:00 horas e repartirá 5.000 euros en premios, que se entregarán a partir das 00:30 horas.
Haberá verbena nun recinto con carpa amenizada polo grupo Fénix e o DJ The Sound Project e sortearanse cestas.