Entroido

Etiquetas:
17/01/2024

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz presentaron as actividades para o Entroido 2024.

O programa comeza coa coroación da raíña, que será o vindeiro sábado día 27 na carpa situada na rúa Atalaia, na que a raíña saínte, Uxía Valmayor Forés entregará a coroa a Carlota Fernández del Riego. “Estamos cos últimos preparativos, relativos á colocación e decoracións definitivas”, explicou Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. “É moi importante para nos que se coiden os detalles e sobre todo que os asistentes desfruten moito e se atopen a gusto”, indicou Inés López, concelleira de Cultura. 

Sendo o primeiro ano como Festa de Interese Turístico, Foz prepara con mimo todas as actividades “tentamos que todo saia da mellor maneira, os grupos están traballando moito en facer uns traxes incribles e a organización estase...

leer más
Etiquetas:
16/01/2024

A asociación cultural O Picato convocou a oitava edición do concurso para elixir o cartel anunciador do Entroido de Trabada.

Os traballos recóllense no supermercado Spar de Trabada e o prazo para presentalos remata o 26 de xaneiro ás 20:00 horas.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras, que serán anónimas e os datos persoais do autor ou autora deberán ir en sobre pechado xunto co debuxo.

O premio para o gañador é de 50 euros, que se lle darán o 24 de febreiro durante a entrega de premios do desfile de Entroido.

Todos os traballos que se presenten expoñeranse na Casa da Cultura de Trabada.

 

Etiquetas:
08/01/2024

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) anuncian que “o tradicional desfile de Domingo de Piñata de Lourenzá trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional. Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.

Etiquetas:
22/10/2023

A gala celebrouse onte á noite na Sala Bahía. A raíña do Entroido 2024 será coroada nunha grande cena, que terá lugar o vindeiro ano. 

Carlota Fernández del Riego collerá o testigo de Uxía Valmayor, a raíña de 2023. 

Á elección celebrada onte presentáronse 7 candidat@s: Dérek Pérez González, da comparsa Ruxe Ruxe; Carlota Fernández del Riego, da comparsa Trouleiras; Coral Rey Oliveros, da comparsa Sin Xeito; Lucía López Lombardero, de Malo Será; Julio Villarino Neira, do grupo Vanche Galanas; Manuel Sanjurjo Rodríguez, de la comparsa Os Macanudos, de Barreiros, e María Díaz Villamor.

O Entroido de Foz foi declarado festa de interese turístico galego hai uns meses. 

 

Etiquetas:
18/10/2023

O evento para elixir a raíña ou rei do Entroido de Foz 2024, que fora aprazado polos incendios forestais da pasada semana, será este sábado, 21 de outubro, na Sala Bahía, a partir das 19:30 horas.

A asociación O Noso Foz anuncia que “o prezo da entrada, recurso indispensable para poder votar, é de 2 euros. Os menores de 14 anos entran gratis. Haberá servizo de barra. A noite estará amenizada por DJ Alejandro Martínez. A cea quedará en mans de Espacio Machete e haberá moitas sorpresas. Non te esquezas do teu disfrace. Non volo podedes perder! Esperámosvos! Desexámoslles a maior das sortes a todos os candidatos/as! Estamos seguros de que todos serán dignos representantes do noso queridísimo Entroido”.

Etiquetas:
21/02/2023

A comisión de festas de Santo Estevo organiza actividades de Entroido en O Vicedo para este sábado, 25 de febreiro.

Ás 16:30 horas empezará a festa infantil, na que haberá inchables; ás 18:30 horas actuará un mago e a partir das 21:30 horas celebrarase o desfile infantil con premios.

Ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o dúo D´Vicio e Discomovil Eventec.

Ás 00:30 horas sortearase unha cesta de Entroido e haberá o desfile de adultos. E ás 01:00 horas realizarase un espectáculo de fogos artificiais. 

Os organizadores explican: “contaremos coa presenza dos xa amigos Duo Dvicio e Discomovil Eventec, que amenizarán a noite e, en dous descansos, faremos o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos. Ademais haberá unha pequena tirada de fogos...

leer más
18/02/2023

O 19 de febreiro a partir das 17:00 horas terá lugar o Desfile de Disfraces polas rúas de Ferreira ata o pavillón polideportivo municipal.

Haberá premios para infantil e adulto individual, infantil e adulto parella e infantil e adulto grupo e tamén para o Entroido máis Simpático.

O 21 de febreiro será o Entroido Infantil na praza de Santa María a partir das 17:00 horas con inchables, obradoiros, xogos… en caso de choiva a festa trasládase ao pavillón. 

E o 25 de febreiro será o Enterro da Sardiña con saída ás 20 horas desde o parque Concepción Arenal ata a Praza de Santa María. Haberá lectura de coplas e xuízo. 

 

Etiquetas:
17/02/2023

O alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando pide ao empresariado que o Martes de Entroido pola tarde sexa flexible para facilitar a participación cidadá no desfile. 

No Bando sinala: "Ribadeo disponse a celebrar as tradicionais festas do Entroido. Con este motivo a Alcaldía, ao tempo que convida a compartir o Entroido Ribadense a todos os veciños, veciñas e visitantes que se achegan a este concello, solicita do empresariado e comerciantes en xeral que o vindeiro martes, 21 de febreiro de 2023, pola tarde, sexa flexible nos seus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír deste xeito ao realce das mesmas”.

 

Etiquetas:
16/02/2023
As heroínas e os heroes serán os protagonistas da festa temática do Entroido de Ribadeo, que terá lugar os días 17 e 18 de febreiro. As persoas que se disfracen e consuman nos establecementos adheridos poderán facer con rifas para o sorteo que se celebrará na praza da Fonte Nova o día 18 á unha da madrugada. En xogo estarán 120 euros en metálico doados polos locais da zona vella e 3 premios de 100 euros cada un, tamén en metálico, doados polas charangas A Choca e Aturuxo, de Ribadeo. Desde a organización subliñan que “para participar no sorteo e para recoller o premio haberá que ir disfrazada/o”.
 
O día 17 será o pregón no Teatro a cargo do actor Carlos Blanco ás 19:30 horas. O Concello e Acisa lembran que “para acceder será preciso retirar entrada de balde desde as 18:30 horas. Unha vez que todas as...
leer más
Etiquetas:
15/02/2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.

Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.

Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.

Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.