A parroquia de Bravos, no municipio de Ourol, celebrará o Entroido na noite do luns 12 de febreiro con degustación de produtos típicos destas datas e baile.
As actividades empezarán ás 22:00 horas coa degustación de produtos de porco e doces típicos do Entroido. E haberá baile amenizado polo dúo Dilema e premios para os mellores disfraces en tres categorías: individual, parellas e grupos.
A festa celebrarase nunha carpa instalada ao lado do Centro Social de Bravos. Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, que conta coa colaboración do Concello de Ourol.