A 15ª edición do Día da Bici terá lugar en Xove o domingo 2 de outubro. Todas as actividades terán lugar no Centro Cívico e darán comezo ás 16:30 horas (as inscricións poderán facerse ata quince minutos antes).
Haberá unha ruta cicloturista por Xove de 2´5 quilómetros e outra ruta cicloturista en línea dende Xove ata o Faro Roncadoiro de 16 quilómetros. Tamén haberá animación infantil con globoflexia e pintura de caras e unha gincana ciclista na Praza do Concello.
A xornada rematará cunha merenda para todos os participantes e terá lugar o sorteo dunha bicicleta e distinto material de ciclismo. Organiza e patrocina a ACD. Xove e o Concello de Xove.