A ACD Xove despide a tempada de sendeirismo 2016 cunha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido o 13 de novembro. A inscrición está aberta.

A ACD Xove despide a tempada de sendeirismo 2016 cunha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido o 13 de novembro. A inscrición está aberta.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido para o 13 de novembro.
 
Esta é a ultima ruta da tempada 2016 e percorrerá a senda litoral da ría de Ortigueira cun total de 13 quilómetros e dificultade baixa. A saída e chegada á vila de Ortigueira pasando pola Lagoa de San Martiño, a praia de Morouzos, a carón da illa de San Vicente, e a ría de Ladrido. A ría de Ortigueira está considerada unha das máis importantes de España pola súa biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves).
 
Ao final da ruta os participantes despedirán a tempada cunha comida. Os interesados poden pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no número de teléfono 618 97 61 59.