A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio polo vixiante municipal.
Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria
Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.