O Concello de Burela organiza actividades de verán para nenos e nenas nacidos entre o ano 2003 e o 2010 e que estean empadroados no municipio. Vanse desenvolver dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto e o prazo para apuntarse remata o día 25 deste mes.
A fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do luns 22 ao xoves 25 deste mes de xuño a partir das 9 e media da mañá. O luns 29 farase pública a lista de admitidos.
As actividades deportivas levaranse a cabo no CEIP Virxe do Carme e na praia urbana de luns a venres. Os luns e os xoves haberá patinaxe; os martes, xogos multideporte; e os mércores e os venres, xogos na praia.
O grupo de participantes con idades de 5 a 7 anos contará con 15 prazas e o de 8 a 12 anos terá 20 prazas. A adxudicación delas farase por rigorosa orde de inscrición.