Trabada
O Concello de Trabada anuncia que o próximo venres, 10 de febreiro, haberá Cantos de Taberna nos tres bares do concello e explica: “contaremos cun grupo en cada establecemento así que se queredes disfrutar de unha noite diferente, con música e bo ambiente non podedes faltar”.
Será de 20:00 a 23:00 horas e no mesón Camiño Norte actuará Mestura de Nete, no bar O Porfirio cantarán Os Humedos del Eo e na Taberna da Curuxeira estarán Cantantes da Moncloa.
O vindeiro sábado, 4 de febreiro, o grupo de teatro O Bordelo representará a súa obra “O covid do mariñán".
Será as nove da noite na Casa da Cultura. “Trátase da menciña para esquecer os males do mundo”, tal e como indican desde O Bordelo.
A asociación cultural O Picato convocou o concurso para o cartel anunciador do Entroido de Trabada. Para participar hai que presentar os traballos no Spar Express de Trabada e o prazo remata o 3 de febreiro, venres, ás 20:00 horas.
Cada participante no concurso pode entregar un máximo de dúas obras e o premio para o gañador é de 50 euros, que recibirá o 4 de marzo, durante a entrega de premios do desfile de Entroido, que se celebrará ese día.
Todas as obras que se presenten ao concurso serán expostos na Casa da Cultura de Trabada.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, chegará este sábado, día 12, a Trabada. Coñecer o pasado de Trabada será posible con esta ruta, unha das mellores maneiras de coñecer a historia e como era a vida antigamente. Inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena. Alí os participantes entrarán na igrexa, que conta con interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. Manuel Anllo Centeno será o guía que os acompañará.
A Mariña en Ruta seguirá o día 19 cunha visita ornitolóxica á ría de Foz. E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma (Barreiros).
O pasado sábado, día 5, Lourenzá foi a protagonista de A Mariña en Ruta. Os asistentes visitaron terras pertencentes ao...
leer másO Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que está aberto o prazo de inscrición para as clases de baile de salón.
Serán os venres de 21:30 a 23:00, no polideportivo municipal de Sante. O prezo por persoa é de 20 euros mensuais. As inscricións poden tramitarse por teléfono no 982135011.
A iniciativa está organizada polo Concello de Trabada e as clases están impartidas por Hover Cross.
Unha vez ao mes, a Casa da Cultura de Trabada acollerá unha obra de teatro
O Concello de Trabada anuncia o inicio dos Ciclos Teatrais Mensuais, que proporán unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. Deste modo, o primeiro sábado de cada mes, entre novembro e xuño de 2023, os veciños e veciñas poderán gozar dunha obra de teatro distinta.
“Dende o Concello damos continuidade a esta iniciativa cultural e confiamos no seu éxito, como xa pasou noutras edicións”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.
O programa comezará o próximo sábado 5 de novembro, coa obra “Tres” do grupo El Cioyo. Todas as representacións son gratuítas e comezarán ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
En decembro será a quenda do grupo Axouxeres de Vilaronte, con “Cousas de Mulleres”,...
leer másHaberá tamén transporte gratuíto para nenos e nenas que acudan a cursos de natación en Ribadeo
O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables.
En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio.
“É un programa gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de tódolos veciños e veciñas. A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez
Por outra banda, o Concello de Trabada...
leer másO Concello de Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán para disfrutar de diferentes espectáculos artísticos: concertos musicais, cine, maxia... e está dirixida a tódolos públicos.
Na semana das Festas Patronais empezará o venres 12 de agosto coas actuacións na Praza do Concello con Uxía Lambona e a Banda Molona e á noite ás 22:00 horas será a proxección da película Valentina.
O domingo 14 de agosto comezará o día co Programa da Deputación de Lugo "Saborea a túa Provincia". Trátase dunha xornada gastronómica e lúdica que vai estar amenizada co grupo tradicional Tumba e Dalle e pola tarde ás 18:00 horas actuará Kote Malabar, que levará a maxia a Trabada.
O luns 15 de agosto as 18:00 horas terá lugar a actuación de Mamá Cabra.
E o martes 16 de...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no paseo do Río Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial ofrecerá de maneira gratuíta en 10 concellos da provincia dende o vindeiro sábado, 2 de xullo, ata o 15 de agosto. No acto tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, xunto a alcaldes, alcaldesas e representantes municipais das localidades nas que terán lugar estas propostas de lecer.
A programación, que chega á súa terceira edición, está dirixida a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade ou a través do teléfono 636.504.155. Entre as actividades ofertadas, os participantes poden realizar kaiak, paddle surf ou inchables, ademais doutros xogos nas contornas fluviais.
Os 10...
leer másO sábado, 11 de xuño, a asociación músico cultural SON`S VARADERO de Foz ofrecerá un concerto en Trabada. A partir das 21:00 horas na Casa da Cultura os asistentes gozarán deste espectáculo musical no que haberá habaneras, pasodobres, boleros...
Desde o Concello sinalan: “esperámosvos a todas e todos para vivir unha noite de música e baile”.