Trabada
18/04/2017
O Concello de Trabada organiza cinco roteiros de pequeno percorrido durante os meses de abril, maio e xuño.
Neste mes de abril segue coa actividade iniciada o pasado día 15 como ocio alternativo, e organiza para o domingo 30 a ruta da Fraga da Becerreira.
No mes de maio está programada unha ruta para o domingo 14 por Teixido no Roxal. Esta programación continúa no mes de xuño con dúas rutas, o domingo 4 é a do Vento, e o domingo 25 pola Fraga da Vilapena.
A saída destas rutas é ás 10:00 horas, dende o Concello de Trabada.
05/09/2015
As festas de San Mateo da parroquia trabadense de Vidal celebraranse o 19 de setembro. Ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú coa Banda Municipal de Ribadeo.
A partir das 11 da noite comezará a verbena, a cargo da orquestra Versalles e da discoteca móbil Blanco y Negro. Á 1:30 horas da madrugada efectuarase o sorteo dun Ipad Mini.
17/07/2015
A parroquia trabadense de Vilapena acollerá durante tres días, o 24, 25 e 26 de xullo, as festas na honra do Apóstolo Santiago. A cita comeza o venres 24 de xullo ás 21.30 cunha gran churrascada, servida polo catering Chao dos Navais, que continúa coa verbena do Grupo Fénix.
Ao día seguinte, sábado, logo da misa solemne das 13.30 horas e da procesión, a orquestra Blue Star encargarase da sesión vermú. Pola noite, a verbena do día grande correrá a cargo da mesma agrupación.
A festa remata o domingo 26 de xullo, coa misa solemne das 12 horas, procesión e sesión vermú da man do Dúo Merengue.
04/02/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova ruta a pé por Trabada para este sábado, 7 de febreiro. A andaina partirá ás 9:45 horas do Cantón de Vilanova de Lourenzá e recorrerá unha distancia de 13,5 quilómetros, a través da denominada Ruta do Vento, de Trabada. A dificultade do itinerario será baixa e os interesados poderán anotarse ata mañá xoves, 5 de febreiro, antes das 14:00 horas, nos teléfonos 982 12 10 06 (Pepe) e 626 98 69 40 (Javier).
Os organizadores desta ruta de sendeirismo informan de que o custe desta actividade será de 20 euros para asociados e 25 euros para non asociados. Ademais, aconsellan aos participantes que acudan con botas de auga e vestimenta adaptada ao frío para facer esta ruta que rematará cunha comida conxunta no...
leer más