O Concello de Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán para disfrutar de diferentes espectáculos artísticos: concertos musicais, cine, maxia... e está dirixida a tódolos públicos.
Na semana das Festas Patronais empezará o venres 12 de agosto coas actuacións na Praza do Concello con Uxía Lambona e a Banda Molona e á noite ás 22:00 horas será a proxección da película Valentina.
O domingo 14 de agosto comezará o día co Programa da Deputación de Lugo "Saborea a túa Provincia". Trátase dunha xornada gastronómica e lúdica que vai estar amenizada co grupo tradicional Tumba e Dalle e pola tarde ás 18:00 horas actuará Kote Malabar, que levará a maxia a Trabada.
O luns 15 de agosto as 18:00 horas terá lugar a actuación de Mamá Cabra.
E o martes 16 de agosto rematarán os Seráns Culturais co rockeiro e guitarreiro Pakolas.