Teatro

22/08/2017

O prazo para inscribirse na primeira edición do certame de teatro afeccionado que convoca o Concello de Lourenzá rematará o día 30 de setembro e xa hai varias compañías que se amosaron interesadas en participar. Así o explicou hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

As representacións a cargo dos grupos que superen o proceso de selección terán lugar no salón de actos do Concello os sábados e domingos dos mes de novembro deste ano. E o primeiro domingo de decembro celebrarase a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral profesional.

Cada compañía de teatro seleccionada recibirá 300 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera. E ademais haberá seis premios: o Conde Santo á mellor representación, dotado con 600 euros e trofeo;  e cinco premios que...

leer más
17/08/2017

O Casino de Mondoñedo organiza unha nova actividade para o sábado 19 de agosto.

As artistas mariñáns Ugia Pedreira e Marina Oural presentan a performance de poesía e música, titulada Unha faba, unha vida.

A actuación terá lugar no Casino de Mondoñedo ás 20:00 horas.

O prezo da entrada para os non soci@s é de 3 euros.

31/07/2017

O Concello de Lourenzá, por medio da Delegación de Cultura, convoca o primeiro de teatro afeccionado, que se celebrará en novembro deste ano. 

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou: “na xunta de goberno local aprobamos as bases do primeiro Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante o mes de novembro deste ano. O prazo de inscrición dos grupos rematará o día 30 de setembro”. De entre todos os grupos que se inscriban, un xurado presidido polo edil de Cultura seleccionará un máximo de 8 agrupacións.

Manuel Arango explicou que “as representacións terán lugar os sábados e domingos de novembro e o primeiro domingo de decembro celebrarase unha gala, na que se entregarán os premios: o Conde Santo, á mellor representación, estará dotado con 600 euros e trofeo; os premios...

leer más
Etiquetas:
31/07/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil, que se desenvolverá dende mañá, martes, no patio do colexio Número 1. Todas as representacións están programadas para as 21 horas.

Mañá, martes, día 1 de agosto a Compañía Pérez y Fdez ofrecerá a obra O Poder de Anabel; o mércores 2 Expresión Produccións representará Os limpa limpa; o xoves 3 o grupo de teatro A Adala Infantil ofrecerá A rá que se quedou sen charco. E rematará o ciclo o luns día 7 Abarajar Produccións co espectáculo de maxia Fusión. 
Queimada ibicenca

Dentro da programación para o vindeiro mes de agosto en Foz inclúese tamén a Queimada ibicenca, que organiza a agrupación O Feitizo. Será este mércores, día 2, a partir das 21:30 horas no paseo da Rapadoira. Haberá actuacións musicais e tamén empanada, refrescos,...

leer más
Etiquetas:
31/07/2017

Este venres, 4 de agosto, haberá teatro en Barreiros. O grupo Migallas Teatro representará Pan de millo: vai ser boa!. Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas.

A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil. 

 

23/07/2017

Veciños de Lagoa, do municipio de Alfoz, estrearán unha obra de teatro o 24 de xullo, coincidindo coa celebración das festas do Santiago. 

A idea xurdiu cando os veciños de Lagoa participaron nas olimpíadas parroquias que teñen lugar en Alfoz ano tras ano, e a convocatoria divulgouse no pasado outono.

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60  polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo, titulada Menciñeiro á forza. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.

Os decorados foron elaborados polos propios actores de xeito artesanal e coa axuda da comisión de festas e máis do Concello de Alfoz. A representación terá lugar no campo da festa. Será a partir das nove da noite. 

 

14/07/2017

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha representación a cargo do grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, o día 30 deste mes, domingo, as oito da tarde. Anunciouno hoxe a Concellería de Cultura.

O Batán ofrecerá a obra titulada Bicos de vinagre, dentro do programa Buxiganga 2017, que ten en marcha a Deputación de Lugo para contribuír a difundir o teatro afeccionado da provincia. 
  

 

Etiquetas:
22/06/2017

Barreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.

Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.

Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

20/06/2017

A Concellería de Cultura de O Valadouro organiza un obradoiro de teatro para estes meses de verán, destinado a todas as idades.

Esta actividade programada para este verán 2017 está dirixida a persoas con idades desde os 6 anos e sen límite de idade máxima.

O número de prazas é limitado e @s interesad@s poden recibir máis información e realizar a inscrición nas oficinas da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro, de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:00 horas.

Colabora coa realización desta actividade a Deputación Provincial de Lugo.

 

Etiquetas:
19/06/2017

O Concello de Cervo convida a todos, veciños, familiares e visitantes, a que asistan ao espectáculo do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPin, que terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.

O Grupo, formado por uns 40 pequenos, leva ensaiando intensamente varios meses da man da edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, para amosar o seu talento ante o público.

Caramés anunciou que a actuación é unha sorpresa que non deixará indiferente a ninguén, e avanzou que terá que ver cun formato televisivo de éxito no que os nenos e nenas deixarán boa mostra das súas habilidades escénicas e interpretativas