Veciños de Lagoa, do municipio de Alfoz, estrearán unha obra de teatro o 24 de xullo, coincidindo coa celebración das festas do Santiago.
A idea xurdiu cando os veciños de Lagoa participaron nas olimpíadas parroquias que teñen lugar en Alfoz ano tras ano, e a convocatoria divulgouse no pasado outono.
A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo, titulada Menciñeiro á forza. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.
Os decorados foron elaborados polos propios actores de xeito artesanal e coa axuda da comisión de festas e máis do Concello de Alfoz. A representación terá lugar no campo da festa. Será a partir das nove da noite.