Teatro
O Goberno da Deputación ofrece dende os meses de xuño a outubro 104 actuacións de grupos teatrais en 44 Concellos da provincia co Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Executivo Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, cun orzamento de 40.000 euros, e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.
Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.
A programación teatralcomeza mañáás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que...
leer másO grupo de teatro Cardume chega o sábado, 10 de xuño, en Viveiro, coa obra Entre bambolinas. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:00 horas.
Trátase dunha obra orixinal de Jaime Naveira, traducida ao galego por Susana Devesa, e dirixida por Matilde Blanco.
Cóntanos a historia como a piques de comezar a función da obra As desfeitas da vida, unha compañía teatral cos seus actores e todo o seu equipo técnico e artístico vive unha serie de acontecementos que poñerán a proba os seus sentimentos máis profundos. Dende as bambolinas dun teatro vense reflectidos con humor e moita humanidade, un compendio de comprexos, vanidades e envexas, pero tamén amor, amizade, fidelidade e o drama de ver chegar o grande monstro do alzheimer.
O Concello ribadense acolleu este mediodía a presentación da preestrea e estrea de Juana, unha perfomance multidisciplinar en homenaxe a Juana de Ibarbourou na que a poesía, a música e a danza serán as protagonistas. A preestrea desta creación será o venres, día 9, en Lourenzá, no salón de actos do Concello ás 20:00 horas, e a estrea o sábado, día 10, en Ribadeo, no Cine Teatro ás 21:00 horas. Os Concellos de Ribadeo e Lourenzá apostaron desde o primeiro momento por esta creación, algo que lles agradeceu a súa autora e directora, a laurentina Marina Oural. No acto desta mañá estiveron presentes tamén a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou nesta presentación que “sempre é un pracer asistir a un acto deste tipo neste salón de plenos do Concello de Ribadeo,...
leer másO Concello de Foz convoca un concurso para a elección dun logotipo que será a imaxe do Parque Infantil de Tráfico. Ademais dentro da programación cultural para este mes de maio terá lugar a Romaría de Bispo Santo, teatro infantil, cine e varias representacións teatrais.
O Concello de Foz organiza o concurso do deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Parque Infantil de Tráfico de Foz. O tema do deseño será libre e valorarase calquera tipo de referencia que se identifique co Parque, o logotipo deberá adaptarse a calquera soporte de difusión e cada concursante só poderá presentar un deseño. As propostas entregaranse aos directores dos colexios e o prazo de presentación remata o día 26 deste mes. Haberá un único premio consistente en material escolar por valor de 200 euros.
Ademais este venres,...
leer másA programación cultural do Concello para maio arrinca esta fin de semana cun espectáculo de tango. Este mes haberá cine infantil, o rastro popular, un musical para os máis pequenos e un tributo a Fito y los Fitipaldis. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista declarou que “presentamos desde la Delegación de Cultura de Burela la programación de este mes de mayo. Mantenemos el Burela de cine, con proyecciones de cine infantil que solemos hacer 2 o 3 al mes; en este caso van a ser dos: los domingos 14 y 21 a las seis y media de la tarde. También mantenemos el rastro popular solidario el segundo domingo de mes desde las diez de la mañana hasta las tres de las tarde. Ahora que se acerca el buen tiempo esperamos que haya más participación todavía y seguir dándole impulso para convertirlo en algo importante...
leer másMañá mércores, 3 de maio, estará no Teatro Pastor Díaz, en horario escolar, Redrum Produccións coa obra "A nena que quería navegar". A obra vai dirixida para os nenos de 5 anos de infantil e para os de 1º e 2º de primaria dos centro de ensino do noso Concellos. Centros participantes: EEI San Roque, CEP Lois Tobio, CPR Landro, CEIP Santa Rita, CEIP Pedrosa Latas e CEIP Covas. Ás 10 da mañá acudirán os rapaces do CPR Landro, CEIP Santa Rita e EEI San Roque e ás 12 horas será a quenda para CEP Lois Tobio, CEIP Covas e CEIP Pedrosa Latas.
“A Nena que Quería Navegar” é un proxecto destinado a un público familiar, principalmente infantil de entre seis e doce anos. Nel tratamos un tema que nos preocupa e desacouga a partes iguais, e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais. Este tema é o acoso escolar, tamén coñecido co...
leer másAta o venres, día 28, ás 12 do mediodía seguen á venda anticipada as entradas para asistir ao espectáculo de Rafael Álvarez “El Brujo”. O concelleiro de Cultura, José Díaz, asegura que “la venta va a buen ritmo. Animo a la gente a que se de prisa para conseguir sus entradas. En Burela tendremos la oportunidad única de ver en vivo a uno de los grandes del teatro de este país”.
O edil socialista lembra que “es un actor conocido por todos, productor y director teatral con una carrera a sus espaldas enorme, consolidadísimo, un hombre muy valorado en el mundo de la cultura a nivel nacional y para nosotros es un orgullo que haya aceptado actuar aquí en Burela”.
O prezo das entradas en venda anticipada é de 13 euros.
O Concello de Ribadeo acolle por vez primeira en residencia artística a obra escénica multidisciplinar Juana, onde poesía, danza e música se imbrican coa inspiración da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou, Juana de América.
Filla de pai laurentino, esta escritora americana dá nome á biblioteca de Lourenzá e corresponde co lugar de nacemento da creadora e directora da obra, Marina Oural. Son os versos de Juana os que lle inspiraron a creación dunha performance onde integra textos propios, xunto a poemas da poeta uruguaia e un de Rosalía de Castro. Pon a voz e corpo a textos que brincan con música e danza composta para esta peza. Asumen así o risco varios artistas de diferentes ámbitos o reto de compor unha obra de arredor de 50 minutos onde a Improvisación Libre Multidisciplinar é a ferramenta base de traballo.
Por primeira...
O Concello de Trabada organiza unha actividade para nen@s o venres 21 de abril. Enmárcase dentro do programa “Ler conta moito”.
O grupo Os Quinquilláns presentan a obra titulada Por qué é salgada a auga do mar?. Este espectáculo terá lugar na Biblioteca Municipal de Trabada ás 18:00 horas.
Os Quinquilláns son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. ademais de representar esta lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos.
A programación da Concellería de Cultura para esta vindeira fin de semana ofrece o sábado, o monólogo de Xosé Antonio Touriñán Manolo Lojo, e o domingo unha nova proxección de cine infantil.
O edil José Díaz anunciou que “este fin de semana habrá el domingo una nueva sesión de Burela de Cine con la proyección de una película infantil, a las seis y media en el auditorio como siempre”.
O concelleiro de Cultura subliñou que “ya la semana pasada estrenamos el nuevo sonido del auditorio con una mejoría muy grande en la proyección porque la verdad es que antes el sonido era un poco complicado. Era difícil a veces entender durante la película algún tramo de las frases de los personajes”.
Díaz manifestou que “este domingo tendremos otra proyección para los más pequeños. El pasado hubo alrededor...
leer más