A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta a Piornedo (Ancares) os días 16, 17 e 18 de xuño.
A saída será o venres 16 ás 18:30 horas do Cantón de Vilanova. O sábado 17 terá lugar a ruta do Pico Agulleiro, de 14 quilómetros e unha dificultade media-alta; e o domingo 18 a do Sendeiro Novo, de 8 quilómetros e dificultade baixa.
As persoas interesadas poden inscribirse antes do 14 de xuño ás 20:00 horas, no teléfono 647 06 70 54. Os prezos son: 110 euros para os socios e 120€ para os non socios. O réxime de aloxamento é de media pensión. A asociación subvenciona parte da viaxe aos socios. As prazas son limitadas.