A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio.
O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa.
As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros.
Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso levar a comida. O prezo inclúe: cea do venres, pernocta de venres a sábado, almorzo do sábado, cea do sábado, pernocta de sábado a domingo, almorzo do domingo e xantar do domingo. A asociación subvenciona o transporte aos socios”.