A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta das Lagoas, no municipio de Cospeito, para o 23 de abril, domingo. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Paca, de Xermar.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 19 de abril, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.