A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 3 de decembro, domingo, unha ruta polo monte Castelo, en Viveiro. A saída desde Foz será ás 08:00 horas e ás 08:20 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade, incluído o xantar, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 29 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores destacan que esta ruta “nos acercará a Viveiro, para subir al mirador del monte Castelo, espectacular balcón de la ría de Viveiro, con magnificas vistas”.