A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Carballeira, en Sobrado dos Monxes, este sábado, 13 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado e explica que é unha “ruta circular y sencilla por la carballeira de Sobrado dos Monxes, donde se rodaron escenas de la película El Bosque Animado”.