San Lucas
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana deron conta, este luns, no Pazo de San Marcos, do convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 21 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial é un autentico privilexio promocionar unha feira con tanta tradición, xa que conta con 862 anos de historia, e esta considerada unha das mais antigas de Europa. E facémolo co obxectivo depromover,...
leer másA Asociación As San Lucas, organizadora das Feiras e Festas máis antigas de Galicia, xunto á alcaldesa da localidade, Elena Candia, avanzan algunha das actividades que inclúe o programa de As Lucas 2018, entre as que se atopa a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia.
O presidente da Asociación, Miguel Souto, destaca que este espectáculo desenvolverase “na feira máis antiga de Galicia e no marco incomparable da Praza da Catedral, en fronte do monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco”. Souto defíneo como “un espectáculo único”, que chega da man do domador JavierSimon, encargado da parte relativa aos leds, equifire e á alta escola de fantasía e na que participarán oito cabalos. Ademais, esta maxestosa actuación contará coa exhibición de doma en liberdade de...
leer másA comisión organizadora das Feiras e Festas das San Lucas en Mondoñedo ven de presentar o cartel anunciador destes festexos que se celebrarán entre os días 17 e 21 de outubro.
O cartel foi creado, un ano máis, polo mestre e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso. O presidente da asociación organizadora das San Lucas, Miguel Souto, defíneo como “unha obra de arte que contribúe a darlle maior grandiosidade ás feiras máis antigas de Galicia”.
A comisión organizadora das San Lucas 2018 adianta que no programa deste ano haberá dous concertos, un deles gratuíto. Unha desas actuacións será dun grupo internacional que ofrecerá unicamente este concerto en Galicia. A outra actuación correrá a cargo dun grupo de música galega.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana, asinaron no Pazo de San Marcos, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 22 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo depromover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que...
leer másO grupo Medina Azahara actuará o sábado 21 de outubro na Praza da Catedral de Mondoñedo dentro da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2017, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 22 de outubro. A partir das 23:00 horas, o mítico grupo, mundialmente coñecido e que levou o seu rock andaluz a diferentes sitios do mundo; traerá ata a localidade mindoniense o seu último álbum de estudio, Paraíso Prohibido.
Deste xeito, o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, avanza novo contido do programa das Festas e Feiras das San Lucas para esta anualidade. Neste senso, Souto engadiu que ademais da man de Medina Azahara, a música chegará ata a localidade a través das mellores orquestras de Galicia. No Campo da Alameda da cidade; o día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar;...
leer másO presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2017 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 22 de outubro, cun amplo programa de actividades nos que se funde “cultura, feira, festa, tradición, arte e historia”.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2017, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, obra do autor mindoniense Xosé Vizoso. O cartel das San Lucas 2017 é unha recreación da portada do libro editado este ano en homenaxe ao autor, nomeado Fillo Predilecto da cidade de Mondoñedo.
Souto lembra que Vizoso ilustrou en numerosas ocasións os carteis das San Lucas e “co seu estilo inconfundible, achegoulle unha imaxe facilmente identificable, reflexo de máis de...
leer más