A Asociación Saúde Mental A Mariña celebra o seu XXV aniversario cunha cea baile solidaria o 18 de maio en San Cibrao

A Asociación Saúde Mental A Mariña celebrará o seu vixésimo quinto aniversario cunha cea baile solidaria que terá lugar na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo), o día 18 de maio, sábado, ás 21:30 horas.

As entradas poden mercarse ata o día 13, luns. O prezo é de 35 euros, pero o menores de 12 anos só teñen que pagar 15 euros polo menú infantil. Tamén hai unha Fila 0 para as persoas que non poidan acudir e desexen facer a súa achega.

O evento estará amenizado polo trío Tapyoka e haberá sorteos e sorpresas.

As persoas interesadas en calquera consulta sobre este actividade poden contactar coa organización a través dos teléfonos 982.55.76.92, 982.25.75.06 ou 659. 95.27.21.