Co gallo da celebración do 25 Novembro, día internacional contra a eliminación da violencia contra a muller, o Observatorio da Mariña pola Igualdade fai un chamamento á cidadanía mariñá para asistir á concentración que terá lugar o xoves 25 novembro ás 20.00 horas na Praza dos Campos (San Cibrao-Cervo).
Onde se poderá presenciar unha impáctante performance do colectivo artístico LAG, que ten por fin a reflexión sobre as múltiples violencias que sófremos as mulleres.
Finalizaremos o acto coa lectura do manifesto por parte das compañeiras de galegas8M San Cibrao
*Cumpriranse todas as medidas vixentes antiCovid
Por outra banda, os días do 23 ao 25 novembro, dentro da programación 25N o Observatorio Mariña Pola Igualdade achegara, aos escolares do IES Monte Castelo e IES Perdouro, o OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: A IMPORTANCIA DE REESCRIBIRSE, conducido por Artemisa Semedo, muller caboverdiana, galega e burelá, poeta e cofundadora de Afrogalegas.
“Un obradoiro que ten a escritura como ferramenta de sanación, como axuda á definición como persoas diversas e únicas" afirma Artemisa”.