A Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo) acolle a charla “Tecedoras de memoria. Desenterrando historias nas fosas franquistas de Galicia” o 14 de febreiro

A Casa da Cultura de San Cibrao, no concello de Cervo, acollerá a charla titulada Tecedoras de memoria. Desenterrando historias nas fosas franquistas de Galicia. Será o día 14 de febreiro, venres, ás 19:30 horas, e intervirán as doutoras en Historia Uxía Otero González e Conchi López Sánchez.

Esta actividade está organizada polo Foro Social da Mariña.