Samaín
O Concello de O Vicedo e a APA organizan unha programación especial do Samaín, por mor do Covid, e convidan aos nenos e nenas a enviar fotografías relativas a esta data.
O Concello comunica que polas limitacións do Covid non se vai poder facer o tradicional percorrido polas rúas da vila. Por iso anima a tod@s a enviar unha fotografía da casa decorada con motivos do Samaín ou vestidos para a ocasión, ou un debuxo ou foto dunha cabaza pintada. A actividade está destinada aos nenos e nenas do Colexio do Vicedo.
As fotografías poden enviarse por mail a apuntes@concellodovicedo.org, antes do mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas.
Todos aqueles que manden ese correo electrónico serán visitados na casa para recibir un agasallo especial Samaín....
leer másDesde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”.
MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a...
O Concello de O Valadouro organiza diversas actividades para celebrar o Samaín os días 30 e 31 de outubro.
O mércores 30 ás 17:00 horas, na Casa da Cultura, desenvolverase un obradoiro para a elaboración e decoración de detalles terroríficos e manualidades, no que os participantes poden levar a súa cabaza.
O xoves 31 ás 17:30 horas na Casa da Cultura, celebrarase unha festa de Samaín con photocall pintacaras e xogos, á que os asistentes poden acudir disfrazados.
A Deputación de Lugo colabora na organización destas actividades.
A ACR Fervenza de Sargadelos organiza unha festa de Samaín que se celebrará o día 31 de outubro nas Escolas Vellas de Cervo.
O programa comezará ás 18:45 horas co espectáculo O Espantamedos. Ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas será o concurso de disfraces e cabazas, no que os premios serán dous almorzos ou merendas saudables N´A Morena.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa estantiga das ánimas desde as Escolas Vellas ata a praza do Souto.
O Concello de Cervo colabora coa organización destas actividades.
El Hotel Thalasso Cantábrico - Las Sirenas de Viveiro organiza el próximo viernes 1 de noviembre una nueva edición de su ya clásico “Thalaín”, una fiesta especial que vuelve a combinar un año más el ambiente de Samaín o Halloween con la buena gastronomía y los servicios de su circuito termal de thalassoterapia.
Una cena baile tematizada abierta a todo el público en los salones del Resort Las Sirenas, tanto para los que sólo quieran cena y fiesta con barra libre, como a los que se decidan por el paquete completo, que incluye también alojamiento en el hotel de cuatro estrellas y circuito termal. Después de la cena bufé temática, la fiesta continuará hasta que aguante el “esqueleto”, nunca mejor dicho.
Todas las personas interesadas pueden contactar directamente con el Hotel Thalasso Cantábrico para informarse y...
leer másA Concellaría de Xuventude e a OMIX organizan unha Festa de Samaín que terá lugar o venres, 2 de novembro, no pavillón de deportes a partir das 16:30 horas. A entrada será de balde.
Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall.
Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.
As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX - Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889.
A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o Samaín o vindeiro mércores, 31 de outubro. Os actos terán lugar no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, de Cervo, a partir das 18:45 horas.
Comezarán as actividades coa actuación do Mago Pi, ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas un concurso de disfraces e cabazas. Os premios serán dous paseos a cabalo en Cabaliño de Pao. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen e valorarase a orixinalidade tanto do disfraz como da cabaza.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa Estantiga das Ánimas, desfile polo Rego Cachón ata a praza do Souto.
A asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.
Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.
Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.
A Concellaría de Mocidade e o CFCA Pedro Murias organizan o Samaín, que este ano se celebrará na granxa situada en Vilaframil o vindeiro mércores, 1 de novembro.
A edil Vanesa Yanes explica que “o que imos facer é unha visita guiada á exposición de cabazas ecolóxicas, sementaremos o noso propio legume, preparemos tamén as nosas cabazas e remataremos a tarde tomando un chocolate”.
A concelleira de Mocidade dixo que “contaremos con bus gratuíto para desprazarnos ata a granxa Pedro Murias, que sairá ás catro da tarde da Oficina de Turismo. E a volta será ás sete”.
Vanesa Yanes anima “a todos @s nen@s e moz@s de Ribadeo a gozar deste Samaín dun xeito diferente, na granxa Pedro Murias. O único que teñen que facer é estar un pouco antes das catro diante da Oficina de Turismo para coller o...
leer más