Rutas
MariñActiva nace con el objetivo de promover y dinamizar turísticamente el norte de Galicia mediante el desarrollo de actividades, visitas guiadas, traslados, rutas y hasta planificación de las vacaciones en A Mariña Lucense.
La comarca de A Mariña, así como todo el norte gallego, se ha consolidado en los últimos años como un destino de referencia tanto dentro como fuera de Galicia. Mariñactiva pretende dar respuesta a las demandas latentes de estos visitantes, aglutinando toda la oferta turística de la zona, uniendo sinergias con empresas de hostelería y ocio y también con las instituciones públicas.
La empresa, impulsada por expertos en el sector del turismo, nace en A Mariña y, entre otros servicios, ofrecerá excursiones y visitas con guías profesionales, dirigidos tanto a grupos como a turistas a título...
leer másO Concello de Trabada organiza cinco roteiros de pequeno percorrido durante os meses de abril, maio e xuño.
Neste mes de abril segue coa actividade iniciada o pasado día 15 como ocio alternativo, e organiza para o domingo 30 a ruta da Fraga da Becerreira.
No mes de maio está programada unha ruta para o domingo 14 por Teixido no Roxal. Esta programación continúa no mes de xuño con dúas rutas, o domingo 4 é a do Vento, e o domingo 25 pola Fraga da Vilapena.
A saída destas rutas é ás 10:00 horas, dende o Concello de Trabada.
O Concello presentou este mediodía o programa de rutas que vai desenvolver durante a Semana Santa. Organizadas polas Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente, terán lugar desde o martes, día 11 de abril, ao sábado 15.
Na presentación os responsables destes departamentos, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben salientaron “a importancia destas rutas e o atractivo que poden supor para veciños e visitantes durante estes días na vila”.
O concelleiro de Turismo contou que “desde o Concello de Burela as Delegacións de Turismo e a de Medio Ambiente imos recuperar de cara a esta Semana Santa como un atractivo turístico máis, as rutas xeolóxicas. Vanse facer durante toda a Semana Santa, e como novidade imos ter unha ruta polos montes de Burela que se vai facer o día 15, sábado, ás cinco da tarde”.
... leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou a aplicación informática para dispositivos móbiles e a web asociada, mondonedo.elcaminoentumano.com, que dende a administración local crearon para a promoción dos recursos turísticos e das rutas de sendeirismo do municipio. A rexedora puxo en valor este proxecto promovido polo Goberno local, quen segue organizando os recursos da cidade e poñéndoos en valor para que o visitante poida ver que se “está ante un destino cheo de oportunidades”.
Candia explicou que “o noso obxectivo foi o de constituír unha ferramenta que contén toda a información necesaria para coñecer todos os recursos turísticos do concello de maneira detallada así como todos os recursos asociadosque se poidan necesitar para programar e gozar a visita de maneira completa e satisfactoria”. A plataforma web vinculada á aplicación...
leer másO primeiro é o 23 de abril, por terras asturianas. Con esta viaxe devolve a visita á asociación de Mies, de Oviedo. A organización espera que para este irmanamento vaia moita xente e lembra que o grupo asturiano veu con arredor de 50 persoas, polo que pretende amosarlle a súa gratitude pola visita realizada a Foz.
O segundo andareiro, organizado por Sendeiros de Foz durante o mes de abril, é os días 29 e 30 de abril, á localidade da Cañiza en Pontevedra, para participar no Día Nacional do Sendeirista. Nesta cita participarán persoas chegadas de toda España polo que os organizadores tamén pretenden asistir cun grupo numeroso.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse na viaxe a Asturias remata o 19 de abril, e no desprazamento á Cañiza o 12 de abril. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670...
leer másO grupo de sendeirismo da ACD Xove fará a presentación das Rutas de Sendeirismo-2017 o 18 de marzo. O acto terá lugar na Aula de Formación do Concello de Xove ás 19:30 horas.
Nesta presentación farase entrega a cada asistente dun calendario de rutas, farase unha explicación de cada unha delas, e tamén se falarán de asuntos de organización para a presente tempada de Sendeirismo.
Desde o grupo de sendeirismo da ACD Xove convidan a tod@s amantes das andainas na natureza a asistir a esta presentación, e participar nesas rutas que programan para este ano coa colaboración do Concello de Xove.