Ruta
05/01/2016
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o domingo, 17 de xaneiro, unha ruta polas terras de O Vicedo, o primeiro dos andareiros deste ano.
A visita levará aos camiñantes á zona de San Román e o percorrido é de dificultade media. A saída está prevista ás 8:30 horas dende a Casa do Concello de Foz e os interesados deben anotarse ata o día 13 de xaneiro nos teléfonos 676561594 ou 670369017. O prezo de inscrición -20 euros para socios, 25 para non socios- inclúe comida.
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A actividade non inclúe seguro de accidentes.
03/12/2015
Organizada polo Concello de Riotorto terá lugar os días 4 e 5 de decembro a 1ª Ruta de Tapas. Os locais participantes son: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Bar DRS e Café Bar Al Volante.
O prezo das tapas será de 1,50 euros. Todas as persoas que acodan a gozar desta proposta gastronómica entrarán no sorteo dun premio de 200 euros, outro de 100 euros, un vale de 50 euros de Confitería Irma, un vale de 50 euros de Cárnicos O Mazo e outro vale de 50 euros de Panadería Carteire.
As tapas serviranse en horario de noite de 19 a 23 horas.
09/11/2015
A asociación Os Sendeiros, de Foz, ten previsto o seu próximo andareiro o vindeiro 6 de decembro polas Foces do Esva, en Valdés, Asturias. O grupo saíra ás 8 da mañá do Concello de Foz. Os interesados poden anotarse ata o 28 de novembro nos teléfonos 696 23 60 20 ou 670 36 90 17e tamén no mail ossendeiros@yahoo.es.
A ruta polas Foces do Esva, de gran fermosura e dificultade media, concluirá cunha comida que a organización promete “impresionante”. O prezo para participar é de 25 euros para socios e 30 para os non socios. Será tamén a despedida do ano para Os Sendeiros de Foz. Recoméndase aos participantes levar equipo de sendeirismo.
04/11/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá desprazarase o vindeiro 14 de novembro á provincia de Ourense para realizar a ruta Senda do Arenteiro, a penúltima das camiñatas que programarán neste 2015.
Trátase dun percorrido lineal, de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que os levará dende Carballiño ata Pazos de Arenterio, seguindo o curso do río, e que lles permitirá gozar, non só de fermosas paisaxes naturais en pleno outono, senón de diversas belezas arquitectónicas.
A saída de Lourenzá está prevista para as 7 horas da mañá dende o Cantón de Vilanova. O prezo é de 35 euros para socios e de 40 euros para non socios en el inclúese o...
leer más 26/10/2015
Os días 30 e 31 deste mes de outubro e o 1 de novembro celebrarase a XII ruta Montes da Mariña para vehículos todoterreo que organiza o club Os Carrecamiños 4x4. Foi presentada hoxe en Foz cun acto no que participou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
Os organizadores do evento explicaron que “o venres 30 comezan as actividades coa recepción dos inscritos, chegados dende diversas comunidades como Extremadura, Madrid, Castela León, Euskadi, Asturias e, como non, moitos de Galiza e concretamente da Mariña. Haberá a recepción dos inscritos (115 motos de enduro, 120 quads e 192 todoterreos) no parque pechado, que estará na explanada portuaria de Foz. A continuación degustaranse uns pinchos xunto coa proxección dun vídeo da ruta no pavillón do colexio Martínez Otero”.
... leer más 11/10/2015
O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira.
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”.
A programación da xornada é a seguinte:
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá...
leer más 05/10/2015
A Asociación Pasada das Cabras de Burela fará o vindeiro sábado, 10 de outubro, a ruta Ascensión aos tres Vispos, nos Ancares, un percorrido de 16 quilómetros e dificultade media.
A saída está prevista para as 7:15 horas da mañá da estación de autobuses de Burela.O prezo é de 15 euros para os socios do colectivo e de 20 euros para os que non o son, e inclúe autobús e seguro. A comida será no medio da ruta e ten que levala cada un.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, 8 de outubro, ás 20 horas.
30/09/2015
A Concellaría de Igualdade comeza o vindeiro 11 de outubro unha nova edición dos Domingos a pé, que desta volta discorrerá polo municipio de Castropol, nunha ruta a pé duns 11 quilómetros, gratuíta, que inclúe a subida ao monte Pousadoiro. Precísase dun mínimo de 12 mulleres participantes para poder levarse a cabo, segundo anuncia Mariluz Álvarez Lastra.
A edil de Igualdade contou que “dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo queremos informar a toda a cidadanía e sobre todo ás mulleres do noso concello dos Domingos a pé, esas actividades que xurdiron hai nove anos para ter un tempo de desconexión, de relax, para compartir con outras compañeiras e, sobre todo, para coñecer o noso patrimonio e o noso entorno con estas rutas a pé que imos facendo os...
leer másTerras de Lourenzá fará a ruta do Desfiladero de los Arrudos, en Asturias, o vindeiro 11 de outubro.
29/09/2015
Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volve desprazarse á veciña comunidade de Asturias, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do Desfiladero de los Arrudos (PR.AS-61).
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns.
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús...
leer más 23/09/2015
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más