Ruta
19/05/2015
O vindeiro sábado, 23 de maio, celebrarase a 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo, en Burela. O evento está organizado pola asociación Cabaliño de Pao e conta coa colaboración do Concello e diversas firmas comerciais.
A hora de inicio da ruta está prevista para as dez da mañá desde o pavillón dos institutos (ao lado do Hospital da Costa). Despois á metade da ruta haberá unha parada no mirador do Monte Castelo con pinchos. O xantar será ás 14:30 horas. O seu custe é de 20 euros para todos os que se animen: acompañantes, amigos, etc. A sobremesa estará amenizada por DJ Chente con sorteos e colchoneta gratis para os nenos.
Haberá trofeos para o xinete ou amazona mais novo, para o de mais idade, para o de mais lonxe e para a asociación mais...
leer más 18/05/2015
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta a Lugo o vindeiro 7 de xuño. A saída desde as inmediacións do Concello será ás oito da mañá. O prezo é de 15 euros, comida incluída.
As persoas que queiran participar neste denominado Encontro Lucus a pé poden inscribirse ata o 30 de maio. Poden facelo nos teléfonos: 670 369 017 ou 696 236 020, ademais de na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A dificultade da ruta é media.
14/05/2015
El grupo de montada del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, realizará este sábado, 16 de mayo, la ruta al pico Toneo y Agujas.
Los socios colaboradores pagarán 3 euros, los socios 5 euros y los no socios 12 euros.
La salida estaba prevista para el 24 de mayo, pero al celebrarse las elecciones municipales y autonómicas la organización decidió cambiar la ruta para este sábado.
El viaje dará comienzo a las 7 de la mañana. El bus hará paradas en Salcedo, gasolinera de Oviedo y Moreda.
13/05/2015
O vindeiro domingo, 17 de maio, o grupo de sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a terceira ruta deste ano. Esta vez o grupo vai a desprazarse á comarca de A Fonsagrada (Lugo) e a ruta que se vai face é "O Camiño da República". Con saída na aldea de Liñares de Bidul, e chegada á praia fluvial de Pena do Inferno. A ruta percorre por unhos paraxes impresionantes, que teñen como protagonista o rio Navia e o encoro de Grandas de Salime.
Asimesmo un gran parte da ruta é por unha antiga carretera sin acabar, que se empezou a facer no ano 1928 e deixou de facerse no ano 1936 ao dar comezo a guerra civil. Esta carretera, que pretendía unir a Fonsagrada, con San Antolín de Ibias en Asturias, foi chamada como a Carretera da República. Centos de obreiros fixeron a man esta gran obra...
leer más 07/05/2015
A Asociación Pasada das Cabras ten previsto facer o vindeiro sábado, 9 de maio, a Ruta da Cubela, en Ribas de Sil, de 14 quilómetros e dificultade media.
Os prezos son de 15 euros para os socios non federados, 12 para os federados e 20 para os non socios, inclúe autobús e máis seguro.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Hai que levar comida.
Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 7 ás 20,00 horas.
04/05/2015
El grupo de montaña del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, realizará el próximo sábado, 9 de mayo, ruta circular por Soto de Agues, Pico Cogollo y Sierra del Crespón (Sobrescobio).
Las personas interesadas en acudir pueden inscribirse hasta el 7 de mayo en los teléfonos habituales: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) y 608 540 828 (Eva) o en el correo electrónico: cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es
Los socios colaboradores pagarán 3 euros, los socios 5 euros y los no socios 12 euros. El autobús, que partirá de Tapia a las 7 de la mañana, realizará una parada en Salcedo-gasolinera Oviedo.
29/04/2015
A hora de partida desde as inmediacións do Concello será ás 8 da mañá. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo. O prezo da da viaxe, comida incluída, é de 15 euros.
Os interesados en acudir poden inscribirse en ossendeiros@yahoo.es ata o 12 de maio ou nos teléfonos 670 369 017 – 696 236 020
28/04/2015
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá realizará no vindeiro mes de maio unha nova camiñata. Nesta ocasión, e baixo o lema Ruta dos barrios, farán un percorrido de 12 quilómetros e dificultade baixa, por distintos recunchos da vila, para desfrutar dos encantos que se aprecian coa ollada de camiñante e que soen pasan desapercibidos na vida diaria.
O punto de partida será no entorno da Capela da Santa Cruz, ás 10 da mañá, do 10 de maio. Despois de realizar o trazado circular, confluirán novamente no mesmo lugar, para desfrutar dunha comida campestre conxunta, aproveitando a celebración da Romaría da Santa Cruz, que ten lugar durante esa fin de semana.
Anotan ata o xoves, 7 de maio; e o prezo é de 15 euros para costear o xantar...
leer más 16/04/2015
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá realizará a Ruta do Deza, este sábado, 18 de abril.
Trátase dun percorrido de 13 quilómetros, de dificultade media, entre os concellos de Silleda e Vila de Cruces, que lles permitirá aos asistentes ver o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa.
Ao remate os participantes disfrutarán dun xantar no restaurante O Refuxio en Vila de Cruces. O prezo para os socios é de 25 euros e para os non socios de 30 euros.
A saída desde o Cantón de Lourenzá será ás 7:30 horas.
10/04/2015
A Ruta do Poldro chega este ano á súa sétima edición. Un evento que organiza a asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello, que xuntos presentaron o cartel e os detalles da ruta que terá lugar este domingo 12 de abril. Ao acto asistiu o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Zona Rural, José Ramón Soto, o presidente de Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e outros membros da asociación.
Unha ruta na que participarán sobre 100 xinetes chegados de diferentes puntos de Galicia, de forma que se mantén estable a afluencia de edicións anteriores. Trátase dunha cita que sempre se celebra no mes de abril e que conta con moitas persoas e agrupacións habituais, que volven todos os anos.
A ruta comeza ás 10:30 h. con saída do...
leer más