A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para este sábado, día 20, unha andaina pola Ruta dos Cortíos en Santa Eulalia de Oscos.
Os participantes sairán ás oito e media de mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá. A etapa ten unha distancia de once quilómetros e unha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas e bastóns e a comida terá lugar en Casa Pedro cun cocido típico destas datas.
As inscricións deberán facerse antes das dúas da tarde deste mércores, día 17, por correo electrónico en terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 647 06 70 54 (Javier) e 686 77 11 13 (Emilio). O prezo é de 30 euros para os socios e 35 euros para aqueles que non pertenzan á asociación.