Ruta
13/05/2016
A Asociación Cultural Amigos de RegalXunqueira organiza para este domingo, 15 de maio, un roteiro desde Viveiro a Morás.
A saída será ás 9:00 horas do domingo dende a Oficina de Turismo de Viveiro. O percorrido discorrerá por Celeiro, Area, Faro, Xuances, praia de Esteiro, Muiñelo, Vilacha, ruínas da igrexa de San Tirso, Portocelo, Merixe, Arxente e rematará no porto de Morás. Despois dunha comida colectiva a volta ata Viveiro será en tren ás 15:30 horas ou ás 19:00 horas.
A actividade é aberta ao público en xeral e non se precisa ser socio.
13/05/2016
A Asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas en Somiedo como xa fixera o pasado ano aínda que nesta ocasión realizará outro par de rutas diferentes. Será os días 28 e 29 deste mes.
O sábado 28 realizará a ruta de La Peral-Villar de Vildas cunha distancia de 13 quilómetros e dificultade media-alta. O domingo 29 a andaina será a ruta de subida ao Monte Rozu cun percorrido de 6 quilómetros e dificultade baixa.
Os prezos da actividade é de 80 euros para os socios federados, 85 euros para socios non federados, 95 euros para os non socios que están federados e 100 euros para os non socios non federados. A data límite para anotarse...
leer más 11/05/2016
O vindeiro 21 de maio terá lugar a 2ª Ruta Cabalar Monte Castelo, que organiza o Concello coa colaboración da asociación Cabaliño de Pao. A novidade desta edición, segundo explicou o edil de Turismo, Ramiro Rey Fernández, é que os cabalos pasarán polo centro da vila.
A ruta dará comezo ás 10 da mañá do pavillón dos Institutos e á metade do percorrido haberá unha parada no miradoiro do Monte Castelo con pinchos e amenizada por Arume, de Burela. O xantar está previsto para as 14:30 horas cun prezo de 20 euros “para todos os que se animen, acompañantes, amigos…”. Desde a organización sinalan que “é necesario confirmar a asistencia antes do 17 de maio”. Haberá trofeos para os xinetes e amazonas máis nov@s, de máis idade, de máis lonxe...
leer más 08/05/2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase a comarca do Deza o vindeiro 15 de maio. O grupo visitará o Mosteiro de Carboeiro do século X, monumento de estilo románico-gótico, onde comeza a senda natural polo río Deza ata chegar á Fervenza do Toxa. Esta fervenza é a máis alta de Galicia con cerca de setenta metros de altura. A distancia da ruta é de 14 quilómetros e dificultade baixa.
O prezo para os socios federados é de 12 euros, 14 euros seguro incluído, 15 euros para os non socios federados e 17 euros para os non socios co seguro incluído. Pode obterse máis información e formalizar as inscricións na piscina municipal de Xove, no correo sendeirismoxove@gmail.com ou no teléfono...
leer más 04/05/2016
Este sábado, día 7, e o domingo, día 8, comeza en O Vicedo a Ruta dos Pinchos 2016 que este ano cumpre a súa IX edición e na que participan dez establecementos.
Esta ruta continuará os días 13 e 14 e maio. Os pinchos ao prezo de 1´5 euros serviranse os venres e sábados de 20:00 a 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 horas. O público elixirá o mellor pincho e entre todos os votantes sortearase un vale de compra de 200 euros doados polos establecementos participantes.
A entrega do premio do público ao mellor pincho e o sorteo do vale de compra terá lugar o día 16 de maio ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. Organiza esta cita gastronómica...
leer más 19/04/2016
Desde este venres, día 22, ao domingo, día 24, celébrase en Alfoz a 2ª Ruta de Tapas.
Esta cita gastronómica coincide coas probas das Olimpiadas Interparroquias que teñen lugar as fins de semana deste mes de abril.O Concello sorteará entre os participantes tres premios de 200 euros en vales de compra no comercio de Alfoz. Tamén haberá premio para o mellor bar entre os sete establecementos participantes.
Os locais nos que poderán degustarse as tapas son Restaurante A Naranxa, Bodegón Ponte de Pau, Restaurante O Frenazo, Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras e Bar Rodolfo.
16/04/2016
O colectivo Pensamento e Sementeira abre o 24 de abril o programa “Camiñadas polas Terras de Viveiro” coa rota dos muíños do Fontecova.
A xornada dará comezo ás 10 da mañá na explanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muíño das Aceas para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muíños seguindo o regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até a Ruanova, en Magazos, onde os camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
Para participar nesta actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se...
leer más 15/04/2016
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta para este mes de abril por Cangas do Morrazo.
Esta andaina será pola Ruta do Monte Facho cun percorrido de 12´5 quilómetros e dificultade media. Terá lugar o sábado, día 23 de abril, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7:30 horas. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.
O prazo para anotarse remata o día 21 de abril e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra).
14/04/2016
Dende o pasado 20 de xaneiro está legalizada a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, que conta con 60 socios e na actualidade está presidida por María Carmen Blanco Trobo, o secretario é Alfonso Otero Regal e a tesoureira, Montserrat Prieto Pernas. Segundo anunciaron, a asociación “realizará as seguintes actividades: sendeirismo, cinefórum, cursos de gravado, cerámica e pintura, ioga, pilates, reiki, excursións, viaxes organizadas, gastronomía, elaboración de cervexa artesán e de vermú, conferencias encol da sanidade e club de lectura, entre outras”.
Como primeira actividade da asociación, no apartado de sendeirismo, este próximo sábado, día 16 de abril, iniciase o percorrido: O Barqueiro – Vegadeo, seguindo a ruta...
leer más 10/04/2016
A décimo primeira edición do Ribadeo de tapeo desenvolverase do 21 ao 29 de maio.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo sinalan que “xa está aberto o prazo para apuntarse nesta tradicional cita coa cociña en miniatura. Os establecementos hostaleiros da vila e das parroquias que estean interesados en participar poden anotarse ata o día 20 de abril (incluído)”.
E engaden que “na Oficina de Turismo de Ribadeo e na Área de Desenvolvemento Local os locais poden atopar toda a información que precisen sobre esta convocatoria”.