Nordés Faladora organiza este sábado, 21 de maio, un percorrido por San Adrián da Veiga (Ortigueira). Un castelo, un pazo, un monte e unhas mámoas son algúns dos puntos a visitar.

Nordés Faladora organiza este sábado, 21 de maio, un percorrido por San Adrián da Veiga (Ortigueira). Un castelo, un pazo, un monte e unhas mámoas son algúns dos puntos a visitar.
 
A asociación Nordés Faladora organiza para este sábado, 21 de maio, un percorrido por San Adrián de Veiga, parroquia do concello de Ortigueira situada xusto no límite co concello de Cariño.
 
A xornada ten como obxectivo a protección e posta en valor do patrimonio arqueolóxico da bisbarra do Ortegal. Tras percorrer o Castelo do Casón e o Pozo do Inferno haberá xantar na Casa Veiga cun menú ao prezo de 15 euros para o cal é preciso anotarse ata o 19 de maio, chamando ao 653 756 454 (Ricardo), no e-mail asociacion.nordes@gmail.com ou enviando unha mensaxe á conta de Facebook.
 
Pola tarde se visitarase o castro do Monte do Medio e as mámoas do Chao de Arada. Estas saídas faranse na compaña e dirección de Vanesa Trevín, arqueóloga, e Pepe Riola, experto na historia e lendas da zona.