Camiñada

Etiquetas:
21/08/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro, no municipio de Foz, para o 3 de setembro, domingo. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Descanso.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 31 de agosto, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.

Etiquetas:
02/06/2016
O 5 de xuño terá lugar a última das Camiñadas polas Terras de Viveiro, que organiza o colectivo Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira ten programado para o vindeiro domingo, 5 de xuño, a última das "Camiñadas polas Terras de Viveiro". As persoas participantes sairán ás 10 da mañá desde a Área Etnográfica da Ínsua e despois de visitar a cova de San Xoán Vello camiñarán até a da Doncela. Unha segunda parte desta camiñada partirá desde o areal da Abrela até a punta do Fociño do Porco.
 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao seguinte número de teléfono  616 094 552 ou no enderezo pensamentoesementeira@gmail.com
 
13/05/2016
Pensamiento e Sementeira organiza para este domingo, 15 de maio, unha camiñada de Valcarría ao Pozo da Ferida.
 
O Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro organiza para este domingo, 15 de maio, unha camiñada de Valcarría ao Pozo da Ferida.
 
Os participantes sairán ás 10:00 horas desde o adro da igrexa de Valcarría e achegaranse ata o Pozo da Ferida. O regreso está previsto arredor das 14:00 horas. As persoas interesadas poden anotarse no número de teléfono 616 094 552 ou no correo electrónico pensamentoesementeira.blogspot.com. 
 
Esta é a segunda ruta organizada polo colectivo dentro do programa Camiñadas polas Terras de Viveiro.