A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta da Seimeira nos Oscos (Asturias) este sábado, 9 de febreiro.
A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas.
A organización informa de que a ruta de 9 quilómetros, ten unha dificultade baixa.