Rosalía
A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. (http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/)
O Valadouro súmase á conmemoración do Día de Rosalía este sábado, 24 de febreiro, coa implicación e colaboración do Concello de O Valadouro, o centro de educación infantil e primaria Santa María de O Valadouro, a asociación cultural Amado Lar e a totalidade da hostalería do Valadouro nunha iniciativa que o ano pasado se puxo en marcha en Padrón, a través da Fundación Rosalía de Castro e que tivo moi boa acollida.
No Valadouro participan a totalidade de...
leer másRibadeo conmemora o Día de Rosalía coa celebración dun concerto este sábado, 24 de febreiro.
O grupo Áureas presentará En Voga ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
En Voga é o concerto espectáculo de Áureas. Enriba do escenario veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres, de catro nacionalidades diferentes, que interpretan unha coidada selección de pezas de autor e composicións desa década incluíndo ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.
Ribadeo únese a outros Concellos que celebran o 24 de febreiro como Día de Rosalía. No Teatro terá lugar a lectura dun manifesto e despois unha representación teatral a cargo de Inversa Teatro, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil dixo: “queremos axudar a afianzar esta data no convencemento da importancia que ten lembrar a escritora de Padrón. Así como o nome de Rosalía de Castro é coñecido por todos, a súa obra foi durante décadas ofrecida ao grande público como un produto sentimentaloide e derrotista. É o momento de lermos a Rosalía e descubrir toda a súa modernidade. Conceptos hoxe asumidos normalmente como obxecto poético (a xustiza social, a liberdade fronte á norma opresora, a situación da muller, a emigración…) xa foron utilizados por esta galega no século XIX. E por riba, era muller e escribía en galego”.
A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, presentou este martes os agasallos que o Goberno da Deputación vai a entregar o vindeiro venres aos visitantes dos 4 museos da provincia; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María, con motivo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
García Porto subliñou que “Rosalía de Castro foi un exemplo de liberdade para todas as mulleres e un referente de compromiso coa identidade, a cultura, e a lingua galega. Dende o Goberno da Deputación queremos homenaxear a unha das artistas máis importantes da nosa historia que foi, é e será, un símbolo para o pobo galego”.
En total entregaranse 250 láminas, co poema Adiós ríos, adiós fontes da artista galega,e unha rosa. A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López...
leer másA Concellería de Cultura celebrará mañá un acto conmemorativo polo 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ás 12:00 horas colgará unha pancarta alusiva á escritora, que permanecerá toda a semana na fachada do Consistorio.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañana, aquí en el Concello, vamos a colgar la pancarta que tenemos preparada para celebrar la semana del 180 aniversario del nacimiento de una de las poetas y escritoras referente de la literatura gallega, no sólo por la parte literaria sino también por lo que representa Rosalía para Galicia”.
O edil socialista lembrou que “ya el año pasado hicimos un homenaje similar y mañana, a las doce de la mañana, colgaremos en la fachada del Concello esa pancarta en recuerdo de Rosalía con uno de sus poemas más conocidos y universales, además...
leer más
O Concello de Burela organiza este venres, 30 de xaneiro, un acto para celebrar o aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Está organizado polas Concellerías de Cultura e Muller e dará comezo ás 20:30 horas. A Casa da Cultura acollerá o venres o acto Que bela te deu deus!, co que o Concello quere renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, "que aglutina na súa persoa tres características salientables: muller, poetisa e novelista, que escribiu tanto en galgo coma en castelá nunha época, no século XIX, na que non resultaba nada fácil ser muller e moito menos escribir en galego. Por iso, consideramos que esta muller, loitadora e valente, merece a nosa lembranza", explicaron Mónica Pedre e Diana Durán.
A soprano Esperanza Iglesias Méndez e Aurelio Chao Fernández ao...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4