O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle o vindeiro sábado, 24 de outubro, a representación de "Presidente", a cargo de Teatro do Morcego.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle o vindeiro sábado, 24 de outubro, a representación de "Presidente", a cargo de Teatro do Morcego.
 
Teatro do Morcego levará a escena o vindeiro sábado, 24 de outubro, no teatro Pastor Díaz de Viveiro a súa peza Presidente, unha comedia para adultos de 90 minutos de duración e dirixida e escrita por José Prieto. A cita é as 20:30 horas.
Presidente é a historia dunha campaña electoral na que o goberno saínte non ten moi boas perspectivas. Os asesores do presidente, ao que non acompañan as enquisas, deciden tomar unha iniciativa inesperada: visitar persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos e lograr que o apoien. Así que cidadáns de todo tipo comezan a recibir a visita do presidente nos seus fogares; dende unha familia humilde a outras ultraconservadoras e antisistema escoitarán as propostas do candidato nunha comedia sobre a manipulación política.
No elenco artístico de Presidente están Celso Parada, que dá vida ao protagonista, Merce Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez.