Obradoiro
A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá un obradoiro de Lettering, que se desenvolverá o vindeiro día 24 de setembro a partir das 10:30 horas.
A actividade ensinará a dar os primeiros pasos na técnica do lettering, que consiste en debuxar letra. Axuda ao desenvolvemento creativo á vez que favorece a concentración e a relaxación.
Está destinado a todas as persoas interesadas nesta técnica e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 982 55 90 19 ou 608 694 051.
Colaboran na organización deste obradoiro: Biblioteca Municipal de Ourol, Ler Conta Moito e Rede de Bibliotecas de Galicia.
Xove acolle un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será o mércores 15 de maio ás 11:00 horas no salón de actos do Concello.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas os retos e oportunidades da Galicia do presente. Ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 216 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de Xove.
Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Deconstruíndo consciencias”, que é o que se vai celebrar en Xove. Comeza cunha reflexión sobre a transcendencia da cultura, continuado cunha proxección do documental "Galicia Latente" e...
leer másO Concello de Alfoz organiza un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación, que se realizará o día 24 de maio, venres, ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.
Durante a sesión, que será impartida por Ana Belén Vieito Agra, pedagoga e guía Montessori, abordarase a importancia de identificar cales son as fontes de estrés así como os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade na nosa vida diaria. Tamén se darán a coñecer estratexias que permitan lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital, como por exemplo unha enfermidade, dolo, rupturas familiares, etcétera. E na última parte da sesión practicaranse técnicas de relaxación, meditación e concentración.
A inscrición permanecerá aberta ata o día 22 de maio e as persoas interesadas en participar poden inscribirse...
leer másA Casa da Xuventude de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo ‘Ciencia á feira’. Versará sobre as micorrizas e (micro)enxertos como ferramentas da produción vexetal e comezará este venres 26 de abril ás 12:15 horas.
As actividades realízanse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.
O ciclo ‘Ciencia á feira’ está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral, e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.
O Concello de O Vicedo organiza un obradoiro do proxecto Galicia Latente, unha iniciativa de Eduardo de Martís. Será este sábado, 20 de abril, ás 17:00 horas no Teleclube de Riobarba.
Galicia Latente é un proxecto para achegar ás persoas o valor social, económico e sustentable que atesoura a cultura galega no presente.
O proxecto ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e divulgación fotográfica da cultura galega (seguramente o único do presente) e as súas múltiples realidades que estamos a vivir en Galicia. Está autoeditado polo fotógrafo Eduardo de Martís e componse de 221 páxinas, 233 fotografías feitas entre os anos 2020 e 2023, ao longo de máis de 140 concellos galegos, incluído o de O Vicedo. Ademais, Galicia Latente ofrece un obradoiro chamado “Construíndo conciencias”, que é o que se vai...
leer másA Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza o segundo obradoiro de acuarela, titulado “Practicamos con estampados” e que impartirá Rocío Fernández Paz.
Será o 6 de abril, sábado, de 16:00 a 18:30 horas no Local das Asociacións da Pontenova.
Está dirixido a persoas maiores de 12 anos. O prezo é de 15 euros e o prazo de inscrición remata o venres 5 de abril ás 18:00 horas.
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Xove, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza un obradoiro titulado “Por unha espalda sana”. Está dirixido a rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos de idade. Será o sábado 6 de abril ás 17:00 horas no Centro Cultural Agramonte (Casa do Director).
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na OMIX de Xove ou chamando ao teléfono 982.57.18.16.
Oito concellos galegos, entre eles Viveiro, impulsarán a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, organizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. No caso de Viveiro o obradoiro será o 14 de marzo de 10:00 a 14:00 horas na sala multiusos do Concello. É necesario inscribirse previamente neste enlace: https://forms.gle/bjoAYewtNxgua8LNA
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, da que forma parte representando a Viveiro a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, celebrou a primeira xuntanza presencial do ano no Concello de Pantón, en sinal de agradecemento pola súa recente adhesión a esta rede de administracións locais e provinciais...
leer másA asociación cultural Xebra organiza un obradoiro de baile tradicional galego e foliada para este sábado, 24 de febreiro, en Burela. Será no local do colectivo, que está na rúa Leandro Cucurny, número 19, desde as 17:00 horas.
O evento comezará co obradoiro de baile, que será impartido por Iria Fernández Moscoso, e despois haberá unha foliada aberta.
O obradoiro Control e xestión da dor terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 10:30 horas na aula Omix do Centro Sociocultural de Alfoz.
Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.
As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.
O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.