O ciclo de Cine na Rúa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega o 17 de setembro ao Vicedo con "Cuñados".

O ciclo de cine na rúa impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo continúa venres e sábado con catro novas proxeccións de películas en galego en Parga (Guitiriz), O Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín), San Román (O Vicedo), Castro de Rei, Pías (Lugo) e Loseiro (Sarria).

BELLA E O CIRCO MÁXICO | Guitiriz 
Venres 16 de setembro | 10:00h | CEIP Santo Estevo de Parga

CUÑADOS | Ribeira de Piquín 
Venres 16 de setembro | 21:00h | Praza de Chao de Pousadoiro

CUÑADOS | O Vicedo 
Sábado 17 de setembro | 21:00h | Explanada da praia de San Román

O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA | Castro de Rei
Sábado 17 de setembro | 22:00h | Campo da Feira

VALENTINA I Lugo
Domingo 18 de setembro I 17.00h I Exterior da escola de San Vicente de Pías

VALENTINA I Sarria
Domingo 18 de setembro I 18:00h I Campo da festa de Loseiro

As novas datas continúan coa xeira de proxeccións que se ven desenvolvendo desde o pasado 15 de agosto coa colaboración de asociacións e concellos nas diferentes comarcas, e que chegará ás 40 sesións ao remate do ciclo. Nestes días realizáronse proxeccións ao aire libre en Navia de Suarna, Láncara, Ferreira do Valadouro, Tuiriz (Pantón), Taboada, Castro de Carballedo, Meira, Cervantes, Lourenza, Abadín, A Fonsagrada, Vilalba, O Saviñao (Escairòn), Cela (O Corgo), A Pastoriza, O Incio, Burela, Seceda (Folgoso do Courel) e Vicinte (Outeiro de Rei), A Órrea (Riotorto),  Bravos (Ourol) e Triacastela.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, explicou que “o ciclo está a ter moi boa acollida e está achegando o cine en galego non só ás vilas e capitais de comarca senón  tamén a parroquias e localidades máis pequenas, cumprindo cunha das premisas coas que traballamos desde á área de Cultura, que é levar propostas culturais de calidade e en galego ao todo o territorio, contribuíndo a ampliar a axenda que preparan os concellos e as asociacións culturais”.