Noites

Etiquetas:
30/05/2017

O Concello de Cervo presentou entre a mocidade a programación das noites alternativas de verán, que se celebrarán nos meses de xullo e agosto.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, trasladáronse hoxe ata o IES Marqués de Sargadelos para entregarlle aos rapaces os dípticos informativos que se editaron con toda a información de actividades, horarios e datas, para animalos a participar nesta cita xa consolidada dentro da programación do Concello.

Deste xeito as actividades deportivas terán lugar ao longo deses meses de xullo e agosto, en horario de 22:00 horas a 00:30 horas. 

Tal e como explicou Villares “pensamos nunha oferta ampla e diversificada, unha proposta alternativa de ocio para que os rapaces e rapazas teñan acceso a diferentes disciplinas...

leer más
Etiquetas:
11/07/2016
As Noites Alternativas organizadas polo Concello de Cervo desenvolveranse ata o 19 de agosto. Son actividades gratuítas dirixidas a maiores de 8 anos e rapaces.
 
O programa de actividades por nenos e nenas maiores de 8 anos e rapaces denominado Noites Alternativas, que organiza o Concello de Cervo, empeza hoxe e desenvolverase ata o 19 de agosto. Foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o coordinador das actividades, Iván García.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, explicou que “un ano máis o Concello de Cervo aposta polo deporte e actividades de verán para os nosos mozos e mozas. Despois destes últimos anos, nos que as actividades de verán denominadas Noites Alternativas foron un éxito de participación, volta a organizar actividades gratuítas para os...
leer más