O Concello de Xove organiza as Noites Alternativas que desenvolve durante os meses de xullo e agosto. Son actividades financiadas polo Concello e totalmente gratuítas.
No mes de xullo hai fútbol sala, os días 11,12 e 13, na praza do Centro Cívico; os días 18, 19 e 20, baloncesto tamén na praza do Centro Cívico; e os días 24, 26 e 27, volei praia, na praia de Esteiro.
No mes de agosto está programado fútbol praia, os días 1, 2 e 3, na praia de Esteiro; patinaxe, o día 8 na praza do Centro Cívico; kayak, o día 9 na praia de Morás; e Orientación, o día 10 na praza do Centro Cívico.
O horario das Noites Alternativas de Xove vai das 22:00 á 1:30 horas. A idade para participar nelas é a partir dos 8 anos (categorías infantís e adultos), e os/as interesad@s poden anotarse no lugar de celebración media hora antes do comezo. A inscrición é gratuíta. Máis información no teléfono 636 504 156.