O vindeiro luns, 22 de xullo, comezan as Noites 2019, que organiza o Concello de Foz, cunha actividade que o ano pasado tivo un gran éxito, o Wipe Out. Equipos clasificados por idades competirán en probas como a pista americana, gladiadores, superbarredora,… sen dúbida, as noites do luns e do martes estarán cheas de risa no Campo da Cabana.
Do 5 ao 7 de agosto a protagonista será a área da Rapadoira, co fútbol praia e nas seguintes semanas volverá a actividade de novo ao Campo da Cabana para disputar o fútbol sala e o baloncesto, que compartirán horario con kickboxing e defensa persoal.
Por primeira vez nas Noites haberá dúas actividades á vez. A organización agradece a colaboración co club Foz ContactAri, xa que os días 12, 13 e 14 de agosto poderase descubrir o kickboxing á vez que se disputa o fútbol sala.
Así mesmo, froito da colaboración coa Delegación de Igualdade os días 19, 20 e 21 haberá defensa persoal, á vez que se disputa o baloncesto.
As Noites 2019 foron presentadas por Gema Méndez, que anima “a toda a mocidade a gozar das Noites cheas de bo humor, deporte e diversión”.