Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo impulsa a 30 Concentración Mototurística N-634 A Invernal de Galicia, que se desenvolverá na localidade mariñá os días 16 e 17 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, destaca o labor da comisión organizadora, que preside Miguel Arias, para poñer en marcha esta actividade que “xa é un referente na Mariña, pois son moitos os afeccionados que chegan de distintos puntos de Galicia e incluso de España”.
A concentración iniciarase o día 16, ás 12.00 horas, coa inscrición dos participantes, os cales poderán degustar un ágape de benvida. Ás 16.00 horas, iniciarase a programación de xogos e de sorteos para, ás 17:00 horas, continuar coa exhibición acrobática de motos na Avenida de Bos Aires. Ás 20:00 horas, os moteiros farán unha ruta turística polo pobo e, ás 21:15 horas, degustarán unha cea, seguida da verbena amenizada pola...
leer másO pasado día 1 de marzo deu comezo a nova campaña de visitas á Cova do Rei Cintolo do presente ano 2019. Hai visitas de fin de semana os venres, sábados e domingos ás 12 horas e ás 17 horas. A partir do mes de abril rexerá o horario de verán, polo que haberá unha nova quenda ás 18:30 horas.
Na ponte de San Xosé, en marzo, será posible visitar a cova tamén o luns 18 e o martes 19 e durante a Semana Santa, xa no mes de abril, poderase visitar a cavidade todos os días da semana.
Aberta todas as pontes e festivos
En todas as pontes e días festivos do ano será posible visitar a cova e durante os meses de verán as visitas serán nas tres quendas indicadas todos os días da semana (de luns a domingo).
2018, récord absoluto de visitantes
O pasado ano visitaron a cova 2.093 persoas, o...
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou este venres a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, un edificio que contou co principal patrocinio da Deputación, cunha achega de 308.000 euros.Trátase dun inmoble privado, que foi cedido ao Concello e para o que os veciños demandan a súa titularidade pública para o seu desfrute, poisarranxouse con fondos públicos.
“Hoxe demostramos que somos unha Deputación que apoia todos os proxectos, goberne quen goberne, atendendo sempre as prioridades de cada Concello e dos seus veciños. Por iso, insisto, é necesario investiren espazos públicos, para reverter os recursos de todos os lucenses para todos os lucenses”, remarcou o Presidente.
Campos Conde dixo que “celebramos ter contribuído decisivamente desde o Goberno da Deputación a que na cidade de Mondoñedo onde...
leer másO Concello dá a coñecer a raíña e as damas do Entroido mindoniense, que se celebrará o 9 de marzo. Achéganse fotos. A raíña é Sara Fernández Coldeira, e as dúas damas son Ainara Bello García (esquerda) e Yaiza Fernández Nogueira. O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíñas do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso. Finalizará na Praza da Catedral.
Durante o tradicional desfile de Entroido, organizado polo Concello e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM) repartiranse 5.000 euros en premios; con seis galardoados na categoría de comparsas e charangas e once premiados na de grupos tanto de adultos como infantís; ademais haberá seis galardóns para as parellas de adultos e infantís e outros...
leer másO Colectivo Campamento Diocesano (CCD) de Mondoñedo-Ferrol continúa coa celebración do 40 Aniversario da súa creación. Para conmemorar esta efeméride, dende a coordinadora do CCD elaborouse un programa de actividades que leva por título “40 anos facendo camiño con Xesús” e que inclúe os seguintes actos:
-“40 anos de imaxes con Xesús”. Exposición fotográfica itinerante que se inaugurou na parroquia do Carme, en Ferrol, o pasado 4 de xaneiro e que xa percorreu diferentes lugares da nosa diocese: San Xosé Obreiro de Narón (do 18 ao 31 de xaneiro), Nosa Señora dos Desamparados de Piñeiros (do 1 ao 14 de febreiro) e Seminario de Mondoñedo (do 15 ao 28 de febreiro). En vindeiras datas estará en Ribadeo, tanto na parroquia como no local da Agrupación Belenista, e despois pasará por localidades como Foz, Burela, Viveiro ou Vilalba, entre outras....
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de iniciar con numerosas actividades o ‘Servizo Actívate’ nos locais sociais das parroquias.A rexedora, ElenaCandia, explica que o Goberno local “aposta así por achegar as actividades ao rural e polo adecentamento dos locais sociais, de maneira que xa se arranxaron varios”.
As actividades, todas elas de baldefinanciadaspolo Goberno local, desenvolveranse de luns a sábado en horario de tarde entre os meses de febreiro e maio e pretenden ser unha alternativa de entretemento para os veciños das diferentes parroquias da localidade onde se impartiránclases de cociña, manualidades e ximnasia de mantemento.
Candia explica que dende a administración local “temos en conta tamén o rural do noso municipio” e, polo tanto, “deseñamos un proxecto de dinamización social que conta con...
leer másO Concello de Mondoñedo organiza esta fin de semana (16 e 17 de febreiro) un taller de creación cinematográfica, que impartirá a directora vasca JaioneCamborda. En concreto, Camborda, que rodou unha parte do seu filme Arima en Mondoñedo, centrará este curso na introdución ao cinema documental.
O taller desenvolverase na sala de conferencias do Centro Comarcal de Mondoñedo durante o sábado e o domingo, en horario de mañá (10:00 a 14:30 horas) e tarde (16:00 e 18:30 horas).
Dende a organización explican que este taller sobre cinema documental diríxese a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos. Os interesados, de xeito gratuíto, poderanse anotar ata as 19:00 horas do venres (15 de febreiro) na Oficina de Turismo ou por wasap no teléfono 619 085 304
O Goberno municipal ve en Mondoñedo unha cidade...
leer másDende a Asociación As San Lucas de Mondoñedo, organizadora das Feiras e Festas das Quendas, informan que as entradas para asistir ao concerto de BlasCantó, poderanse adquirir dende esta tarde.
En concreto, o presidente da Asociación organizadora, Miguel Souto, explica que as entradas estarán dispoñibles, a partir das 16:00 horas,na plataforma Woutick: https://www.woutick.es/evento/418/entradas-blas-canto-en-mondo%C3%B1edo?...
O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.
O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico no auditorio Pascual Veiga da cidade mindoniense dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que organizadas...
leer másMondoñedo celebrará o seu tradicional desfile de Entroido o sábado 9 de marzo. A alcaldesa, Elena Candia, xunto ao edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García; e ao presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Mondoñedo (ACIAM), Ángel Marful, presentaron o cartel anunciador dos festexos deste ano, durante os que se repartirán 5.000 euros en premios.
Dende o Concello anualmente amósanse comprometidos coa celebración do Entroido co obxecto de dinamizar e impulsar o tradicional desfile da cidade, “ao que acoden participantes chegados de diferentes puntos da comarca e mesmo de fóra da Mariña”, explican.
O desfile celebrarase a partir das 17:30 horas. Sairá do Campo dos Paxariños, encabezado pola carroza da raíña do Entroido, e percorrerá a Avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento...
leer másBlas Cantó traerá a súa xira acústica 2019 a Galicia no mes de abril, concretamente, o coñecido artista murciano ofrecerá un concerto acústico dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que celebra anualmente a cidade de Mondoñedo. A actuación do que foi integrante vocalista do afamado grupo Auryn, terá lugar no auditorio Pascual Veiga, o vindeiro 30 de abril , ás 22:00 horas.
O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora tamén das Feiras e Festas das Quendas en colaboración co Concello, Miguel Souto, deu a coñecer esta mañá a actuación do artista, quesuma numerosos éxitos. Primeiro, dende o ano 2011, co grupo Auryn, co que acadou todos os récords de vendas en España e co que logrou números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en latinoamérica. Cada concerto e...
leer más