As entradas para o concerto que Blas Cantó ofrecerá en Mondoñedo o 30 de abril póñense á venda este 11 de febreiro a partir das catro da tarde.

Dende a Asociación As San Lucas de Mondoñedo, organizadora das Feiras e Festas das Quendas, informan que as entradas para asistir ao concerto de BlasCantó, poderanse adquirir dende esta tarde.

En concreto, o presidente da Asociación organizadora, Miguel Souto, explica que as entradas estarán dispoñibles, a partir das 16:00 horas,na plataforma Woutick: https://www.woutick.es/evento/418/entradas-blas-canto-en-mondo%C3%B1edo?...
O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.

O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico no auditorio Pascual Veiga da cidade mindoniense dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que organizadas pola Asociación As San Lucas en colaboración co Concello, celebraranse este ano entre o 29 de abril e o 1 de maio. O concerto será o 30 de abril, ás 22:00 horas. 

Na propia plataforma de venda de entradasWoutick(www.woutick.es) din que BlasCantó é considerado un dos artistas máis prometedores no panorama da música española actual. Tras a súa experiencia dende pequeno no mundo da música, durante sete anos formou parte da boyband ‘Auryn’,coa que acadou todos os récords de vendas en España e coa que logrou números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en latinoamérica. No 2016, participou no programa ‘Tu cara me suena’ e no 2017 anunciou a data de lanzamento do seu primeiro sinxelo ‘Inyourbed’.  O mesmo día da súa estrea, BlasCantó gañou a quinta edición deste programa. 

Blas Cantó obtivo discos de Ouro e Platino co tema ‘El no soyyo”, sinxelo que foi número un da lista de Los 40. No pasado mes de setembro, o artista tamén publicou o álbum de estudio‘Complicado’, que en tan só unha semana da súa estrea, conseguiu o primeiro posto na lista oficial de vendas de España.

Agora estará en Mondoñedo para dar un concerto no que fará desfrutar das súas cancións e no que Miguel Soutove “tamén un bo medio de promoción da nosa cidade, xa que o turismo é un dos activos de Mondoñedo e así as San Lucas e As Quendas son fundamentais para a economía da nosa cidade".