Maxia

Etiquetas:
05/11/2019

O hotel restaurante Vila do Val, de Ferreria do Valadouro, organiza unha cea máxica que se celebrará o vindeiro sábado, 9 de novembro, a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación do Mago Teto.

O menú constará dun entrante, denominado Bocado Máxico, e que serán cristais de tomate do Valadouro; o primeiro prato, chamado Variña do Mago, estará composto de roliños de setas con panceta; o segundo prato, Fusión de Trucos, será carrilleiras con mazá; e a sobremesa, chamada O As da Manga, consistirá nun biscoito de castañas. Estes pratos estarán acompañados con viños tinto ou branco, auga mineral, café ou infusión.

Durante a cea actuará o Mago Teto, quen ofrecerá maxia de preto entre prato e prato e un espectáculo final, para un mínimo de vinte persoas, despois de servir os cafés.

O prezo...

leer más
Etiquetas:
04/11/2019

Esta fin de semana volve o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento descansou durante a pasada Ponte de Todos os Santos e os días 8 e 9 de novembro chega a San Cibrao, Ribadeo e O Valadouro. 

O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi. 

A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos...

leer más
Etiquetas:
22/10/2019

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro. O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse hoxe no Cenima en Foz, onde interviñeron o presidente desta entidade, Alfredo Llano; a axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida; o Mago Rafa; Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a xefa territorial de Cultura e Turismo, Mª José Gómez; e o director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña. 

Tania Hemida sinalou que “nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi...

leer más
Etiquetas:
17/10/2019

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza a oitava edición do Mes da Maxia que se celebrará do 25 de outubro ao 30 de novembro, a excepción da fin de semana do 1 ao 3 de novembro. O evento, no que participan 17 establecementos hostaleiros coma restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense, presentouse hoxe na sede da Xunta en Lugo coas intervencións do presidente desta entidade, Alfredo Llano; do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro; da axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida; do mago Teto; de Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur; e de Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo.

Tania Hemida sinalou que “nesta oitava edición do Mes da Maxia, a Mancomunidade quixo reforzar algúns dos obxectivos cos que foi posto en marcha aló polo 2012 este...

leer más
Etiquetas:
25/09/2019

Na axenda cultural de Ribadeo para os vindeiros días figura un espectáculo de maxia para nen@s e a función teatral protagonizada por El Brujo que terá lugar o domingo, 29 de setembro.

Este xoves, 26 de setembro, terá lugar unha actividade con motivo da celebración do Día Mundial do Alzheimer titulada O cerebro envellece e o corazón engrandece. Será no Cine Teatro ás 12:00 horas e está organizado polo centro de día A Concordia.

Tamén mañá celebrarase o acto de conmemoración do centenario do naufraxio do bote Fernando Villamil. Será no Forte de San Damián ás 17:00 horas.

O venres, 27 de setembro, haberá un espectáculo de maxia para nen@s, dentro do programa Apego, titulado Somos iguais na maxia e ofrecido por Ian & Elisa que con esta obra transmiten valores como a importancia da...

leer más
Etiquetas:
16/07/2019

Os magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo Nada é imposible o venres, 19 de xullo, ás 12:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros.

Dirixido ao público familiar conta historias nas que mesturan efectos máxicos e humor ao tempo que interactúan cos espectadores.

A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Organizan o Concello de Barreiros e a Xunta a través do programa Cultura no Camiño.

Etiquetas:
23/04/2019

Este martes, 23 de abril, deron comezo as actuacións de “A Maxia dos Valores” un programa educativo innovador dirixido ao alumnado de infantil e primaria co que o Goberno da Deputación leva a colexios de toda a provincia un espectáculo de maxia capaz de transmitir valores como a responsabilidade, a gratitude ou o respecto, así o explicou a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. Esta primeira actuación tivo lugar no salón de actos do CEIP San Miguel de Paradela ante medio cento de nenos.

A Deputada destacou que “grazas as capacidades únicas da maxia, como son a capacidade de sorprender e emocionar, este espectáculo convertese nunha ferramenta educativa de gran calado entre os máis pequenos. Xa tenos confirmados máis de 450 nenos que desfrutarán deste espectáculo singular ao tempo que aprenden”.

A programación do...

leer más
Etiquetas:
26/12/2018

Este venres, 28 de decembro, preséntase o espectáculo La magia del mago Rafa, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas.

A obra, dirixida ao público adulto, corre a cargo do propio mago Rafa e do hipnotista Jeff Toussaint.

O autor é Rafael Pereira Rodríguez e a dirección e adaptación corresponde a Abracadabra.
A venda de entradas será na taquilla do teatro, unha hora antes do comezo da representación. 

Etiquetas:
29/11/2018

Esta fin de semana, os días 30 de novembro e 1 de decembro, remata o Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña. En varios locais hostaleiros mariñáns de Viveiro, Cervo, Alfoz e Ribadeo haberá cenas cheas de boa gastronomía e ilusión.   

Esta quinta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 30 de novembro, en As Sirenas, en Viveiro, coa presenza do Mago Teto; e no Almacén, en Cervo, estará o Mago Rafa. Finalmente o 1 de decembro o Mago Teto levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo. 

O sétimo Mes da Maxia desenvolveuse desde o pasado 2 de novembro. Na iniciativa, que xa está consolidada no outono mariñán, participaron os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acolleron as súas actuacións...

leer más
Etiquetas:
21/11/2018

Esta fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Barreiros, Ribadeo, O Vicedo e Mondoñedo.   

Esta cuarta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 23 de novembro, en  Barreiros. O restaurante A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24, o sábado, Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo. 

Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do...

leer más