Maxia
28/05/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.
O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.
Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.
08/05/2015
A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons.
MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.