Maxia
Intensa axenda cultural para esta fin de semana en Burela con hipnose e con espectáculos para os máis pequenos e pequenas da casa.
Mañá, venres, ás 21 horas na Casa da Cultura o ilusionista e hipnotista Jeff Toussaint presentará “El hipnotista”, que é unha recompilación do mellor creado por este artista nos seus tres primeiros espectáculos de hipnose colectiva. Na cita os espectadores poderán ver o poder da mente creativa dos voluntarios e da súa propia.
O sábado, día 17, a compañía A illa dos nenos porá en escena “Hocus Pocus”, na que o Mago Paco ofrecerá maxia chea de risas, cor e moitas sorpresas. A función será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 3 euros para os nenos e nenas e libre para os seus acompañantes.
E os máis pequenos teñen unha cita con Burela...
leer másEste sábado, 28 de octubre, nueva cita con la magia en el hotel Vila do Val, dentro de la sexta edición del Mes da Maxia na Mariña lucense. En los fogones del hotel se preparan ya los platos que podrán saborearse el sábado por la noche: duelo mágico, mini tosta de morcilla de Burgos con pimientos, zamburiñas a la gallega, codillo al horno con guarnición de vegetales y patata panadera y epifanía de sabores con tarta de 3 chocolates. El precio para los adultos es de 25 euros y para los niños hasta 12 de años el coste será de 10 euros.
El Mago Teto será el encargado de llenar de ilusión el hotel Vila do Val: “ven a comprobarlo con tus ojos este sábado a partir de las diez de la noche. En un lugar escondido entre las montañas, un mago os dejará con la boca abierta. Y un menú hechizado, que hará que la cerréis rápidamente”, señalan desde el...
leer másJorge Luengo, coñecido como “el mago de la ceja blanca”, estará presentando o seu espectáculo Ensueños en Burela o vindeiro 14 de outubro.
Luengo leva desde os 4 anos deseñando e creando as súas propias ilusións, o que o levou a conseguir o Premio Mundial de Invención FISM 2009. Tamén foi Premio Nacional de Magia 2006 en Francia e en 2008 en España e conta co Premio Mundial al Talento outorgado pola Comisión Europea en Bruxelas en 2010. Foi colaborador habitual de programas de televisión como Qué tiempo tan feliz, Todo va bien, Pasapalabra ou Hermano Mayor. Desde o ano pasado conta co seu propio programa Desafío mental en Discovery Max, e grazas á súa popularidade, foi elixido por Sony para poñerlle voz ao personaxe do xogo Sorcery da PlayStation3.
En Ensueños, o espectáculo co que estará en Burela en outubro, a...
leer másA biblioteca pública municipal de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia e música destinado ao público infantil para festexar o Día das Letras Galegas. Será o vindeiro martes, día 16, ás doce do mediodía no salón de actos do Concello.
Esta actividade, a cargo de Álvaro Muras, leva por título Carlos Casares con maxia e música, e está incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
O ilusionista Martín Camiña chegará a Barreiros con A maxia de Carlos Casares. A representación terá lugar este domingo a partir das 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O mago Martín Camiña ten recibido diversos premios entre os que se atopan o Nacional de Maxia e o da Asociación Portuguesa de Ilusionismo. Nesta ocasión dedica o seu espectáculo a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
A actividade inclúese no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, coa que colabora o Concello de Barreiros a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.