A campaña da FCAM "1.000 motivos para mercar na Mariña" sorteou hoxe en Lourenzá mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acial.
Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 124.311, que foi repartido en Perruquería Reyes; e con 100 euros cada un foron premiados o 129.111 en Gasolineira Galp, o 130.732 en Panadería Neli, o 126.543 en O Recanto Cervexería, o 131.918 tamén en O Recanto Cervexería; e o 128.017 en Panadería Neli.
En total a FCAM destinou 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos estanse a celebrar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 de novembro na Acia desa localidade. Ese será o último da campaña "1.000 motivos para mercar na Mariña", que foi organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.